Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: la_voz_de_galicia

Unha novela sobre a necesidade de modificar desatinados códigos sociais e de conduta tan presentes no noso tempo: «O lado do que dormes», de María Canosa. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica, e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: O lado do que dormes, de María Canosa, publicado por Xerais na colección Milmanda.

O escritor ferrolán Henrique Dacosta recibe o Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta pola obra: «Illas a sotavento». Noticia en varios medios de comunicación

A Sala das Cunchas do Concello de O Grove acolleu o día 14 de decembro de 2019 o acto de entrega do XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta ao escritor Henrique Dacosta pola súa obra titulada: Illas a sotavento. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa.

Un tributo que actualiza o xénero da narrativa de aventuras máis clásica e tradicional,: «Illas a sotavento», de Henrique Dacosta. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Illas a sotavento, de Henrique Dacosta, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Os mil horrores de Auschwitz: «O tatuador de Auschwitz», de Heather Morris. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris, publicado por Xerais na colección: Narrativa, con tradución de María del Carmen Alonso Seisdedos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

A escritora Emma Pedreira gaña o Premio San Clemente na categoría de lingua galega coa obra: «Besta do seu sangue». Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Emma Pedreira gañou o XXV Premio “San Clemente – Rosalía – Abanca”, 2019, na modalidade de lingua galega, coa obra: Besta do seu sangue, publicada por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou tamén o Premio Xerais de Novela, 2018 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 – Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018.

Unha viaxe literaria en tren que ofrece un retrato inacabado dende un ronsel desacougante: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Anotación no suplemento «Fugas»

O suplemento Fugas, do xornal La Voz de Galicia, publicou un artigo sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019, e está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Infinidade de medios recolleron a nova do prematuro falecemento do escritor e xornalista Pablo L. Orosa.

Infinidade de medios de comunicación recolleron a noticia do prematuro falecemento do escritor e xornalista Pablo L. Orosa. Caderno da Crítica (16-11-2019): Pablo L. Orosa: ese café que nunca será Diario Cultural da Radio Galega (17-11-219): Falece Pablo L. Orosa El Correo Gallego (17-11-2019): Fallece en A Coruña el periodista de Oza-Cesuras Pablo L.

Fran Alonso, director de Xerais: «Dende hai ano e medio non escribo nada». Entrevista en «La Voz de Galicia»

  O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista asinada por Jorge Lamas a Fran Alonso, director de Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

María Canosa: «Esta novela é totalmente feminista, porque pon de manifesto as dificultades que aínda hai hoxe en día». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «O lado do que dormes»

O suplemento La Voz de Carballo, do xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de S. G. Rial á escritora María Canosa sobre o libro: O lado do que dormes publicado por Xerais na colección Milmanda. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O thriller detectivesco convértese na gran aposta dos escritores galegos: «Infamia», de Ledicia Costas e «Os fillos do lume», de Pedro Feijóo. Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Susana Acosta sobre o thriller detectivesco en Galicia, con mención a dous libros publicados por Xerais: Infamia, de Ledicia Costas; e Os fillos do lume, de Pedro Feijóo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

Antía Yáñez gaña o III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil coa obra: «Plan de rescate». Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Antía Yáñez Rodríguez gañou o III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade pola obra titulada: Plan de rescate.  O libro será publicado por Xerais no mes de setembro de 2020.

Unha visión singular da emigración galega a Barcelona plasmada no vello Shanghai que comunicaba Galicia con Cataluña: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure. O libro gañou o Premio Xerais de Novela 2019, está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.