Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: la_voz_de_galicia

Unha obra moi necesaria da que xa podemos gozar nunha nova edición: «Vinte mil leguas baixo dos mares», de Jules Verne. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación de Eduardo Rolland sobre o libro: Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, con ilustracións de Dani Padrón. O libro está publicado por Xerais na colección: Xabarín. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Os Premios Xerais 2019, nos medios e na Rede

  O sábado, día 19 de outubro, no Museo do Mar de Galicia en Vigo, tivo lugar a festa de entrega dos Premios Xerais 2019. Á cita asistiron un numeroso número de persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, libreiras, bibliotecarias, profesoras e editoras. O acto estivo conducido pola xornalista Valeria Pereiras.

«Infamia», de Ledicia Costas, na lista dos «best sellers» do verán. Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Caterina Devesa sobre os seis best sellers do verán, con mención a Infamia, de Ledicia Costas, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Abi Castillo: «Facer `Pioneiras 2´ fíxome unha ilusión tremenda» Entrevista nos xornais «Diario de Pontevedra» e «La Voz de Galicia»

Os xornais Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia publicaron unha entrevista con  Abi Castillo, ilustradora do libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

Ana Varela: «A poesía é ese espazo propio que se fai por gusto e que se le por gusto tamén». Noticia no xornal «La Voz de Galicia» co gallo da entrega do Premio López Abente

A escritora Ana Varela Miño recolleu no Salón do Voluntariado de Muxía o Premio Gonzalo López Abente pola obra: Onde nacen as hedras. O premio está convocado polo Concello de Muxía e a Fundación López Abente, tén unha dotación económica de 2.000 euros e implica tamén a publicación do libro por Xerais. A noticia foi recollida polo xornal La Voz de Galicia. (Foto do acto de entrega do premio.

Andrea Maceiras: «Os protagonistas desta historia guíanse polos seus soños para ir máis alá». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Conta nove estrelas»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora Andrea Maceiras sobre o libro: Conta nove estrelas, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ana Varela: «Nunha sociedade que é un compendio de consumo, a poesía é un acto de rebeldía». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Onde nacen as hedras», gañador do Premio López Abente

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista coa escritora Ana Varela, gañadora do Premio Gonzalo López Abente co poemario: Onde nacen as hedras. O premio está convocado polo Concello de Muxía e a Fundación López Abente, tén unha dotación económica de 2.000 euros e implica tamén a publicación do libro por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Érica Esmorís: «O meu proxecto é visitar protectoras nas catro provincias galegas para atopar nelas aos protagonistas da novela». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Quen salva un can»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora Érica Esmorís sobre o libro: Quen salva un can, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ana Varela: «É un privilexio pasar a formar parte das poetas que gañaron este premio». Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre: «Onde nacen as hedras», gañador do Premio López Abente

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista coa escritora Ana Varela, gañadora do Premio Gonzalo López Abente co poemario: Onde nacen as hedras. O premio está convocado polo Concello de Muxía e a Fundación López Abente, tén unha dotación económica de 2.000 euros e implica tamén a publicación do libro por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A fe na necesidade de crear un mundo novo das mans das mulleres: «As mulleres da fin do mundo», de Daniel Asorey. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha anotación sobre o libro: As mulleres da fin do mundo, de Daniel Asorey. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Juan José Taboada: «Este libro pode ser a axuda perfecta para que a xente entenda mellor o que é o tempo e o clima galegos». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Os tempos e o clima de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Andrea Presedo a  Juan José Taboada, físico pola Universidade de Santiago de Compostela e meteorólogo, sobre o libro: Os tempos e o clima de Galicia, do que é autor xunto con Alberto Martí, Dominic Royé e Xavier Fonseca. O libro está publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia.

O camiño máis directo a un home libre: «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. Anotación de Diego Ameixeiras

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación de Diego Ameixeiras sobre o libro: Rafael Dieste. O libre pensamento, de Luís Rei Núñez. O libro está publicado por Xerais na colección: Biografía. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.