Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: lapis_na_noite

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Presentación en Lugo de “Lapis na noite” de Ramón Nicolás

O sábado 17 de novembro de 2018, ás 12:00 horas, na Librería Trama, Avda da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Lapis na noite de Ramón Nicolás.

Presentación en Santiago de “Lapis na noite” de Ramón Nicolás

O xoves 8 de novembro de 2018 ás 20 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Lapis na noite de Ramón Nicolás. No acto participarán Chus Nogueira, Marilar Aleixandre e Ramón Nicolás.

Miriam Ferradáns: “Lapis na noite é un grito a prol da necesidade da reparación coas vítimas das ditaduras”. Presentación en Bueu do libro de Ramón Nicolás

O xoves, 18 de outubro de 2018, tivo lugar a presentación do libro: Lapis na noite de Ramón Nicolás, na biblioteca Torrente Ballester de Bueu. No acto o autor estivo acompañado por Miriam Ferradáns e Lucía Novas. Reproducimos a continuacióno texto da intervención de Miriam Ferradáns durante esta presentación.

Presentación en Bueu de “Lapis na noite” de Ramón Nicolás

O xoves 18 de outubro de 2018 ás 20:30 horas na Biblioteca Torrente Ballester, Ramal dos Galos, s/nº, Bueu, terá lugar a presentación do libro Lapis na noite de Ramón Nicolás.

Vídeo da presentación de: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás, na Libraría Cartabón de Vigo

O mércores, día 26 de setembro de 2018, presentouse na libraría Cartabón de Vigo o libro: Lapis na noite, de Ramón Nicolás. O acto contou coas intervencións de Carme Álvarez Domínguez, Luz Darriba e o autor. A presentación foi recollida no seguinte vídeo.

Ramón Nicolás: “É no pasado onde reside a memoria”. Noticia en «La Voz de Vigo» sobre a presentación do seu libro, «Lapis na noite»

O suplemento La Voz de Vigo do xornal La Voz de Galicia publicou unha noticia sobre a presentación en Vigo do libro: Lapis na noite, de Ramón Nicolás. A presentación tivo lugar na librería Cartabón desta cidade o día 26 de setembro de 2018 A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela que enche un oco baleiro na literatura: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de David González no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. Recensión: Ramón Nicolás, «Lapis na noite»   Ramón Nicolás volve con Lapis na noite, un libro que amosa un nivel de madurez narrativa moito máis alto en relación co seu primeiro libro e co que xa comeza a asentarse como creador dentro do sistema literario galego.

Montse Fajardo: “Neste libro, Ramón Nicolás fai un rigoroso relato sobre a ditadura de Videla”. Presentación en Pontevedra de: «Lapis na noite»

O martes, 18 de setembro de 2018, tivo lugar no salón de Actos d’ A Casa das Campás de Pontevedra, a presentación do libro: Lapis na noite de Ramón Nicolás. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participaron Montse Fajardo, Xaime Toxo, Fran Alonso e Ramón Nicolás. Reproducimos a continuacióno texto da intervención da xornalista Montse Fajardo durante esta presentación.

Presentación en Vigo de “Lapis na noite” de Ramón Nicolás

O mércores 26 de setembro de 2018 ás 20:00 horas, na  libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación da novela Lapis na noite de Ramón Nicolás.

Novela de rachaduras, de fortaleza, carraxe, amor, medo e moita valentía: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.