Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: lara_do_ar

Programa de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2020

Do 25 de xuño ao 4 de xullo terá lugar, na rúa do Príncipe, a Feira do Libro de Vigo 2020, na que actuará como progoeira a escritora María Xosé Queizán e para a que  Xerais ten preparado o programa seguinte: Xoves, 25 de xuño 18:00 horas: Elba Pedrosa asinará O que non sabías. 19:00 horas: María Xosé Queizán asinará Vivir a galope e o resto da súa obra.

Novidade: « Órbita», de Lara do Ar. Un libro que recolle as voltas da intimidade contra o Universo

Órbita, de Lara do Ar, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Órbita recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As viraxes dunha década peneirando a luz ata o punto certo. Afiando a lixa para queimar o veo. Nunha orde inversa, móstranos a translación da identidade, a dixestión das estacións para liquidar as estrelas.