Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: lara_e_sabela

Sinaturas de libros de Xerais na Feira do Libro de Ferrol

Do 23 ao 25 de abril terá lugar a Feira do Libro de Ferrol: Día 23 de abril,  venres, ás 20:00 h.: Xurxo Souto asinará exemplares de O retorno dos Homes Mariños e do resto da súa obra. Día 25 de abril,  domingo ás 18:00 h.:  Ignacio Vidal Portabales asinará exemplares de Lara e Sabela e do resto da súa obra.

Unha novela que fía o seu desenvolvemento á forza e á orixinalidade dos personaxes: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales,  publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.   ‘Lara e Sabela’, personaxes ben construídos Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales (Xerais, 2020), levou o premio Lueiro Rey de novela curta en 2019.

Ignacio Vidal Portabales: «Non escribiría de non sentir esa pulsión de divertirme co que fago». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Lara e Sabela»

Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Andrés C. M. Riveira e Carlos Aguado, ademais d autor. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Ignacio Vidal Portabales: «As miñas personaxes saen do real, por moi disparatadas que parezan». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «Lara e Sabela»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista con Ignacio Vidal Portabales sobre o libro: Lara e Sabela, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 04:02″.

Unha novela curta que convida a devorar as súas páxinas para acabar decontado e descubrir o final: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales. Crítica de Pilar Ponte

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, publicada por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha historia que convida a unha profunda reflexión sobre os sentimentos individuais: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela: Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, publicada por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.

Unha novela que convida á reflexión sobre o contido da trama e as relacións existentes entre as personaxes: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.   A novela de Sabela: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales   Ben, comecemos polo primeiro.

Unha proposta argumental moi refrescante e amena: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Lara e Sabela», de Ignacio Vidal Portabales. Un libro que indaga na temática do amor feminino con humor, delicadeza e fortuna

Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que as circunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan as súas actividades sedutoras.

Ignacio Vidal gaña o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta pola obra: «Lara e Sabela». Noticia no «Diario de Arousa»

O xornal Diario de Arousa publicou unha noticia sobre o premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, que gañou na súa XXVI edición Ignacio Vidal pola obra titulada: Lara e Sabela. O certame está dotado con 3.000 euros e garantiza tamén a publicación da obra gañadora por Xerais.