Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: laura_cortés

Presentación en Monforte de “O raposo aviador que voa sen motor” de Antonio Reigosa

O venres 24 de maio ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Centro do Viño de Monforte, terá lugar a presentación do libro O raposo aviador que voa sen motor de Antonio Reigosa e ilustrado por Laura Cortés. No acto, organizado por Aula Aberta en colaboración coa Deputación de Lugo, o Concello de Monforte, O Centro do Viño e a Librería Fénix, participarán Fran Bouso, Laura Cortés e Antonio Reigosa.

Unha fábula contemporánea construída con talento e efectividade: «O raposo aviador que voa sen motor», de Antonio Reigosa. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa, ilustrado por Laura Cortés. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Antonio Reigosa: «No fabulario tradicional se hai un animal simpático, aínda que sea trampulleiro, ese é o raposo». Entrevista en Radiofusión sobre: » «O raposo aviador que voa sen motor»

O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa, ilustrado por Laura Cortés, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unhas divertidas aventuras raposeiras protagonizadas por un destemido aviador: «O raposo aviador que voa sen motor», de Antonio Reigosa. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa, ilustrado por Laura Cortés. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa Xa botabamos de menos a Antonio Reigosa e o seu sentido do humor e amor polos raposos, listos e argalleiros.

Novidade: «O raposo aviador que voa sen motor», de Antonio Reigosa. Un libro que conta a historia de Paquiño, o primeiro raposo que se fixo aviador

O raposo aviador que voa sen motor de Antonio Reigosa, ilustrado por Laura Cortés, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Este libro conta a historia de Paquiño, o primeiro raposo que se fixo aviador e que foi, probablemente, o mellor de todos cantos houbo e haberá entre os que saben voar sen avión e sen motor. Despois de moito afociñar, aprendeu a tomar voo e a aterrar como os avións e os helicópteros.