Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: laxeiro_por_si_mesmo

Carlos G. Reigosa, novas reedicións

Carlos G. Reigosa, novas reedicións

Nesta semana entraron no almacén dúas reedicións de senllas novelas de Carlos G. Reigosa: a décimo quinta de Crime en Compostela, gañadora do primeiro Premio Xerais, hai agora vinte e cinco anos, e a quinta de Pepa A Loba. Tras a recente publicación de Laxeiro por si mesmo, Reigosa agarda a publicación na primavera da novela pola que obtivo o Premio Torrente Ballester de narrativa 2008, A vida do outro.

«Laxeiro por si mesmo», presentación

«Laxeiro por si mesmo», presentación

Mañá, 11 de novembro, ás 12:30 horas, no Centro Social Caixanova de Vigo será presentado Laxeiro por si mesmo de Carlos G. Reigosa. No acto, inscrito no curso da UIMP «Cen anos con Laxeiro», participarán xunto ao autor os pintores Antón Lamazares, Antón Patiño e Antón Pulido. Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o “eu” primixenio.

«Laxeiro por si mesmo», novo libro de Carlos G. Reigosa

«Laxeiro por si mesmo», novo libro de Carlos G. Reigosa

Coincidindo cos actos organizados en Vigo pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo con motivo do Centenario do pintor Laxeiro, poñerase á venda na segunda semana de decembro Laxeiro por si mesmo, o novo libro de Carlos G. Reigosa. Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o «eu» primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G.

Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008

Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008

A vida do outro de Carlos G. Reigosa é a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2008 dado a coñecer no día de hoxe. «Que me fixo a min a Transición e a consolidación democrática posterior?» é a pregunta que trata de responder, aos cincuenta e seis anos, o protagonista da obra, o director dun xornal madrileño (de orixe galega), cando despois de ter un amago de infarto se decata que non se coñece a si mesmo.