Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: lázaro_enríquez

A primeira recollida sistemática de mitoloxía galega dende a Xeración Nós: «Dicionario dos seres míticos galegos». Anotación no xornal «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación asinada por Daniel Salgado sobre o libro: Dicionario dos seres míticos galegos, de Xoán R. Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, ilustrado por Lázaro Enríquez, con motivo de cumprirse 20 anos da súa saída ao prelo.   O que en verdade somos O ‘Dicionario dos seres míticos galegos’ é un deses libros que inventa mundos. Ou máis ben rescátaos.

Un libro que supuxo un antes e un despois na visión que temos do imaxinario máxico de Galicia: «Diccionario dos seres míticos galegos». Anotación en «Cultura Galega»

A revista Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega, publicou unha anotación sobre o libro: Diccionario dos seres míticos galegos, con motivo de cumprirse 20 anos da súa saída ao prelo.

Artigo de Daniel Ameixeiro sobre o «Dicionario dos seres míticos» en Redelibros

O escritor Daniel Ameixeiro publicou en Redelibros un longo artigo sobre a xeografía do imaxinario colectivo galego a partir do Dicionario dos seres míticos galegos, de Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda.

Trafegando Ronseis recomendan tres dos nosos álbums

A casa da duna, texto de Fran Alonso; ilustracións Manuel G. Vicente O bo de ter estes días no centro a Feira do Álbum ilustrado é que atopo libros fermosos que se me pasaran no momento da súa publicación. Este que vos traio agora aquí é de Fran Alonso con fotografías de Manuel G. Vicente, e é do ano 2002.

Mostra homenaxe a Lázaro Enríquez na Habana

Mostra homenaxe a Lázaro Enríquez na Habana

O pasado 17 de abril inaugurouse na Sala Villena da UNEAC da Habana a mostra homenaxe a Lázaro Enríquez que organiza a Unión de Escritores e Artistas de Cuba. Os promotores da mostra destacan o traballo realizado polo ilustrador galego cubano nalgunhas publicacións de Edicións Xerais de Galicia.

«Dicionario dos seres míticos», nova edición

Acaba de chegar do prelo a nova edición, actualizada á normativa RAG 2004, do Dicionario dos seres míticos galegos, obra de referencia do noso universo mítico preparada por Xosé Miranda, Xoán Cuba e Antonio Reigosa e ilustrada polo desaparecido Lázaro Enríquez. O dicionario, que estaba completamente agotado dende hai meses e do que existe edición en castelán, pode xa volver adquirirse nas librarías galegas.