Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: le_clézio

Herta Müller, Nobel 2009

Xerais expresa a súa grande satisfacción pola adxudicación do Premio Nobel de literatura 2009 á escritora Herta Müller, poeta e narradora, nacida en 1953, en Nitzkydorf, Bánat (Romanía), no seo dunha familia da minoría alemana.

Le Clézio reeditado en galego

Le Clézio reeditado en galego

A Nosa Terra e Vieiros fanse eco da noticia da aparición da reedición de Mondo e outras historias, o memos día que o autor francés recibía o Premio Nobel en Estocolmo.

«Mondo e outras historias», reedición en Narrativa

«Mondo e outras historias», reedición en Narrativa

Coincidindo coa entrega hoxe do Premio Nobel de Literatura a J.M.G. Le Clézio aparece a nova edición de Mondo e outras historias, desta volta publicado dentro da colección Xerais Narrativa.

«Le Clézio na casa», artigo de X.L. Méndez Ferrín

«Le Clézio na casa», artigo de X.L. Méndez Ferrín

Hoxe, X.L. Méndez Ferrín, na súa columna de Faro de Vigo recorda como se xestou na editorial en 1987 a tradución de Raquel Villanueva e Valentín Arias e edición en Xabarín de Mondo e outras historias de J. M. Le Clézio, o premio Nobel de Literatura 2008. Naquel momento a veterana colección xuvenil era dirixida por Luís Mariño e polo propio Ferrín.

Le Clézio, Premio Nobel de Literatura 2008

Le Clézio, Premio Nobel de Literatura 2008

Jean Marie Gustave Le Clèzio obtivo hoxe o Premio Nobel de Literatura 2008. Xerais publicou en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Luís Mariño e X.L. Méndez Ferrín), Mondo e outras historias, o seu, ata agora, único título en galego. En 1989 a tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva obtivo o Premio Ramón Cabanillas e o Premio Nacional á mellor tradución.