Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ledicia_costas

Ledicia Costas, respostas en 140 caracteres

A web Poemas del Alma entrevistou a  Ledicia Costas, último Premio Nacional de Literatura Infantil coa súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.   Ledicia Costas, respuestas en 140 caracteres El Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015 concedido en España lo recibió la escritora gallega Ledicia Costas, a quien no dudé en invitar a ser parte de la sección de tuittrevistas de Poemas del Alma.

Ledicia Costas: «En Galicia temos unha longa tradición tanto arredor da morte como da gastronomía»

O programa El Ojo crítico, de RNE emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta. A entrevista en audio pode escoitarse ou descargarse neste enlace.

Ledicia Costas, na galería de mulleres do Concello de Muxía

A Galería de Mulleres do Concello de Muxía dedica este mes á escritora Ledicia Costas o espazo destacado do labor dunha muller no mundo das artes, as letras ou as ciencias. Esta elección supón que se recensionen os libros a disposición do/a usuario/a na Biblioteca da Muller, integrado dentro da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía, escritos por ela ou que fagan referencia á mesma.

Ledicia Costas: «Nunca sei como vai rematar unha novela miña»

A escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta foi entrevistada por Tino Santiago en ZigZag-Eirado (minuto 01:40). A entrevista pode verse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Quería escribir unha historia que a min me emocionase para intentar emocionar o lectorado»

Radiofusión emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Ledicia Costas: «É inconcebible que en Galicia non contemos cun instituto de promoción das letras»

A Real Academia Galega publicou na súa web unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Ledicia Costas: «Decidín apostalo todo pola escrita, a faceta da vida na que me sinto máis libre, e estou en shock»

A concesión, na mañá de onte, do Premio Nacional de Literatura Infantil a Ledicia Costas pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta tivo un enorme eco nos medios de comunicación e, moi especialmente, nas redes sociais, que axiña comezaron a expandir a noticia e a dar conta dos parabéns dos lectores e lectoras á autora.

O premio de Ledicia. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a concesión do o Premio Nacional de Literatura Infantil a Ledicia Costas pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil por «Escarlatina, a cociñeira defunta»

A escritora Ledicia Costas acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Banda sonora para «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, así como un vídeo cunha canción sobre o libro composta por unha estudante de bacharelato.     Musicando sentimentos lectores O mes de outubro comezou. De que maneira! Os dous primeiros días foron tan intensos e emocionantes que fixeron que ao terceiro día enfermase. Pero isto é o de menos.

Relatos históricos baseados en feitos reais que estarrecen: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Crítica de Pilar Ponte

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Un animal chamado néboa” de Ledicia Costas

O xoves, 24 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Un animal chamado néboa de Ledicia Costas. No acto participarán Antonio M. Fraga, Manuel Bragado e Ledicia Costas.