Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ledicia_costas

Desfile de extraterrestres: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O suplemento Faro da Escola, do xornal Faro de Vigo, publicou unha noticia asinada por Fran G. Sas sobre a charla que ofreceu a escritora Ledicia Costas a un grupo de alumnos de Primaria sobre o libro: Conexión Macarrón, publicado por Xerais na colección: Merlín. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela coral que convida a descubrir segredos inconfesables agochados en lugares íntimos e profundos: « Infamia», de Ledicia Costas. Crítica de Antón García-Fernández en «Versos e aloumiños»

Antón García-Fernández publicou no blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas, publicado por Xerais na colección Narrativa.   «Infamia», de Ledicia Costas   O lector senta na butaca e abre o libro que ten entre as mans. O último de Ledicia Costas.Infamia (Xerais, 2019), di a capa. Título que xa atrapa a atención.

«Escarlatina, a cociñeira defunta», «O corazón de Xúpiter» e «Fariña», entre os libros máis lidos nas bibliotecas públicas no 2019

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por M. Méndez sobre os libros máis lidos nas bibliotecas públicas no 2019, con mención a varios títulos publicados por Xerais: Escarlatina, a cociñeira defunta e O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas; e Fariña, de Nacho Carretero. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Ledicia Costas e Pedro Feijóo, entre os autores do ano 2019. Reportaxe no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha reportaxe asinada por José Miguel Giráldez na que se da conta dunha selección de libros de diferentes xéneros que triunfaron no 2019, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Un lume azul, de Pedro Feijoo e Infamia, de Ledicia Costas.

Oito títulos de Xerais, entre os mellores libros da ficción literaria galega dos últimos vinte anos. Reportaxe en «Vinte»

Publicouse en Vinte unha reportaxe asinada por María Yáñez e Berta Dávila na que se da conta dunha selección dos vinte mellores títulos da ficción literaria escrita en galego publicados nos últimos 20 anos. Na escolma participaron vinte homes e vinte mulleres que gardan relación de diferentes maneiras co ámbito do libro.

«Infamia», de Ledicia Costas, e «Un lume azul», de Pedro Feijoo, entre entre os volumes con maior impacto no mercado do libro galego do 2019. Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Xaquín Núñez Sabarís na que se da conta dunha selección de novidades editoriais de suspense que tiveron un gran impacto no mercado do libro galego do 2019, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Un lume azul, de Pedro Feijoo e Infamia, de Ledicia Costas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«Conexión Macarrón», de Ledicia Costas; e «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas, entre os títulos infantís seleccionados por «La Voz de Galicia» para o Nadal

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Olalla Sánchez na que se da conta dunha selección de títulos infantís para o Nadal, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, ilustrado por Laura Suárez; e Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Todos arrastramos traumas cos que temos que convivir». Noticia no xornal «Faro de Vigo» sobre «Infamia»

A escritora Ledicia Costas participou no Club FARO para falar sobre o libro: Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia foi publicada polo xornal Faro de Vigo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas, a variña do éxito. Entrevista no xornal «El País»

O xornal El País publicou unha entrevista asinada por Tereixa Constenla á escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas: «`Infamia´ é un berro de rabia ante as violacións en grupo, a pederastia, a violencia na infancia e contra as mulleres». Entrevista en Radio Nacional de España sobre: «Infamia»

O programa El Ojo Crítico, de Radio Nacional de España, emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre o libro Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia pode verse nesta ligazón.

Charla-coloquio arredor de “Infamia” de Ledicia Costas, en Vigo

O mércores 11 de decembro ás 20 horas, no  Auditorio Municipal do Areal, terá lugar unha charla-coloquio (Unha aproximación ás manadas e aos abusos na infancia) arredor da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto, organizado polo Club Faro,  intervirán Ledicia Costas e Rafa Valero.

Unha obra moi recomendable que nos ensina que a vida tamén é soñar e quererse moito: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.