Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ledicia_costas

Ledicia Costas e Ramón Nicolás, premios AELG de Literatura Infantil e Xuvenil e Ensaio

A escritora Ledicia Costas e o escritor Ramón Nicolás resultaron premiados o pasado sábado polos membros da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que elixiron as mellores obras de 2012 nunha gala celebrada no auditorio do Centro Ágora de A Coruña.

«O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, recomendado en Rede lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomendou a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.     Literatura de risco   A novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, publicado na colección Fóra de Xogo de Xerais, acaba de ganar o premio de literatura infantil e xuvenil da AGE (Asociación Galega de Editores) Unha novela que reflite un problema. Un problema moi actual.

«O rastro que deixamos», «Cartas de inverno» e «O corazón de Xúpiter», galardoados nos Premios da Edición

O pasado venres falláronse en Vigo os Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, pretenden recoñecer e distinguir a excelencia do traballo editorial realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012 en Galicia. Tanto Manuel Bragado, presidente da AGE, como diversos medios de comunicación deron conta da noticia.

Ledicia Costas: «Escribín ‘O corazón de Xúpiter’ con moita intensidade e moita ilusión». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Ledicia Costas.     Parlamento das Letras Ledicia Costas A escrita de Ledicia Costas bebe a escuma dos días, sabe da cicatriz atlántica, de Vigo ata Cabral, e coñece ben a revolución dos ciclos, os simios aparentes, o ludismo das palabras que se ocultan e os corazóns que latexan siderais.

Vídeo de Ledicia Costas falando de «O corazón de Xúpiter» e «Unha estrela no vento» no IES Pintor Laxeiro

O blog Trafegando ronseis publica un vídeo dunha entrevista a de Ledicia Costas falando dos seus libros O corazón de Xúpiter e Unha estrela no vento.   Con Ledicia Costas Non publicaramos aínda (perdoade, por favor) nada sobre a visita que Ledicia Costas realizou no IES Pintor Colmeiro de Silleda.

Ledicia Costas: «O baleiro que hai en Internet é máis grande que a soidade». Entrevista sobre «O corazón de Xúpiter»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Ledicia Costas a raíz da presentación, a pasada semana, da súa última novela, O corazón de Xúpiter.

O ciberacoso xuvenil: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas. Crónica da presentación do libro

Manuel Bragado, director de Xerais publicou unha anotación en Brétemas sobre a presentación de O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.   «O corazón de Xúpiter» de Ledicia Costas O salón de actos da Casa do Libro de Vigo encheuse no acto de presentación d’ O corazón de Xúpiter, a excelentísima segunda novela de Ledicia Costas.

Temas actuais tratados con naturalidade : «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, Crítica de Rocío Moar

Rocío Moar Quintela publicou o pasado xoves nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.     O corazón de Xúpiter   Sutís pegadas Con naturalidade Tras o éxito acadado con Unha estrela no vento, Ledicia Costas (Vigo,1979) vén de publicarO Corazón de Xúpiter.

Presentación de “O corazón de Xúpiter” de Ledicia Costas en Vigo

O xoves, 15 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo, terá lugar a presentación da novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. O acto contará coa participación do músico Mig Seoane, Manuel Bragado e Ledicia Costas.

A problemática dos adolescentes en «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.   O corazón de Xúpiter   Entre Deus e as estrelas, dúas historias para non perder Son historias de mozos e de nenos para adultos.

O acoso a través de internet: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, unha boa novela. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.   Unha boa novela e non só para adolescentes Eu son dos que coido que unha novela para ser boa, á parte de que presente un bo dominio da técnica de narrar e mais da lingua, ten que entreter e ademais concienciar o lector sobre problemas da nosa sociedade.

Un libro necesario, unha lectura amena: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.   O Corazón de Xúpiter Gustoume.