Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ledicia_costas

Ledicia Costas: «O Premio Kelvin faime moita ilusión e dedícollo aos meus lectores» Entrevista en Radio Vigo con motivo da concesión do Premio Kelvin ao libro: «A balada dos unicornios»

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas para falar sobre o libro: A balada dos unicornios, publicado por Xerais na colección Camaleón e que resultou gañador do Premio Kelvin 505 do Festival Celsius 232 á mellor novela xuvenil orixinal, 2019. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Son unha autora implicada na sociedade na que vivo». Entrevista no «Sermos Galiza» sobre « Infamia»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado a Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. (Imaxe: Manuel G. Vicente – Sermos Galiza).   LEDICIA COSTAS: “Creo que a literatura ten que axudar a comprender a sociedade na que vivimos” Merlo é unha pequena vila ao pé dunha cidade marítima.

Actos de Xerais na Festa dos Libros de Pontevedra

Os días 5, 6 e 7 de xullo terá lugar a Festa dos Libros de Pontevedra na que Xerais ten programados os seguintes actos: Venres, 5 de xullo 19:00 horas: Manuel Rivas, acompañado de Fran Alonso, presenta Contra todo iso. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste.

O “boom” do libro galego na volta ao mundo: «Esmeraldina, a pequena defunta», de Ledicia Costas e «A boca da terra», de Manuel Rivas. Reportaxe no xornal La Opinión

O xornal La Opinión da Coruña publicou unha reportaxe de Mar Mato sobre os libros escritos en galego por autores galegos que están a percorrer o mundo, na que se da conta de dous libros publicados por Xerais: Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas; e A boca da terra, de Manuel Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

O desenvolvemento literario dunha grande historia: «Infamia», de Ledicia Costas. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica de «Infamia» (Ledicia Costas, Xerais)   Permítanme que comece lembrando un sucedido que ten todo que ver coa autora de novela que imos comentar. Era un sábdo de xuño. Xabier P.

Presentación en Bueu de “Infamia” de Ledicia Costas

O xoves 27 de xuño de 2019, ás 20:30 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, Bueu, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto, organizado pola librería Miranda e o Concello de Bueu, participarán Tensi Gesteira e Ledicia Costas.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Cambados 2019

Do 16 ao 22 de xuño no Paseo Calzada de Cambados terá lugar a I Feira do Libro de Cambados na que Xerais ten os seguintes actos: Venres 21 de xuño ás 19:15 horas: Presentación de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. Acompañará ao autor Victor Caamaño.       Venres 21 de xuño ás 19:30 horas: Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras na caseta da libraría Cartabón.

Presentación en Ourense de “Infamia” de Ledicia Costas

O xoves 20 de xuño de 2019, ás 19:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel “Internacional”, rúa Concordia 8, Ourense, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto participarán Celia Pereira Porto e Ledicia Costas.

Ledicia Costas: «A literatura debe estar implicada coa sociedade na que vive». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre o libro: «Infamia»

O xornal Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Mar Mato á escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un relato engaiolante que nos enfronta á máis aterradora miseria humana: « Infamia», de Ledicia Costas. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no xornal Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Infamia», de Ledicia Costas, e «Fornelos & Fornelos», de Xerardo Quintiá, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

Infamia, de Ledicia Costas; e Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, publicados por Xerais, atópanse entre os libros máis recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño de 2019.