Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ledicia_costas

As recomendacións dos autores para o verán: «Infamia» e «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta». Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Ana Abelenda sobre as recomendacións de lectura para o verán de seis escritores, na que se da conta de dous libros publicados por Xerais: Infamia e Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, os dous de Ledicia Costas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

Tempo libre para dedicar á lectura con: «Infamia», de Ledicia Costas; e «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Daniel Salgado na que recomenda dez libros para o verán, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira e Infamia, de Ledicia Costas.   Infamia e Un peixe no parqué, dous libros para dedicar o tempo libre á actividade lectora Tempo libre e tempo (atmosférico) favorábel.

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Ledicia Costas: «`Infamia´ é un libro que se constrúe de xeito paralelo ás noticias máis duras, pero nel tamén hai ocos para a luz» Entrevista en Cope Vigo

O programa Mediodía Cope Vigo, da Cadena Cope, emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre a novela Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha obra brillante, a mellor do que levamos de ano literario: «Infamia», de Ledicia Costas. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas, publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Recensión: Ledicia Costas, «Infamia» Ledicia Costas é sen dúbida unha das autoras de máis éxito no noso sistema literario e no panorama literario nacional.

O Vigo literario da man dos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban. Entrevista en Radio Vigo

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista cos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban para falar sobre o Vigo literario, con mención aos libros: Infamia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A ira dos mansos, O meu nome é Ninguén, Camiñar o Vigo Vello, Os fillos do mar e A memoria da choiva, todos eles publicados por Xerais. As súas intervencións poden escoitarse nesta ligazón.

Unha novela para non durmir: «Infamia», de Ledicia Costas. Anotación de Montse Pena Presas

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela que se achega ao lado máis escuro da condición humana: «Infamia», de Ledicia Costas. Entrevista no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Actos de Xerais na Praza dos Libros de Carballo 2019

Do 11 ao 14 de xullo de 2019 terá lugar unha nova edición da Praza dos Libros de Carballo na que está programado un amplo programa no que participarán autoras e autores do catálogo de Xerais: Xoves 11, ás 21:00 horas: Presentación do libro As mulleres da fin do mundo de Daniel Asorey. Presenta Manuel Rey Pan.

Ledicia Costas: «O Premio Kelvin faime moita ilusión e dedícollo aos meus lectores» Entrevista en Radio Vigo con motivo da concesión do Premio Kelvin ao libro: «A balada dos unicornios»

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas para falar sobre o libro: A balada dos unicornios, publicado por Xerais na colección Camaleón e que resultou gañador do Premio Kelvin 505 do Festival Celsius 232 á mellor novela xuvenil orixinal, 2019. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Son unha autora implicada na sociedade na que vivo». Entrevista no «Sermos Galiza» sobre « Infamia»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado a Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. (Imaxe: Manuel G. Vicente – Sermos Galiza).   LEDICIA COSTAS: “Creo que a literatura ten que axudar a comprender a sociedade na que vivimos” Merlo é unha pequena vila ao pé dunha cidade marítima.

Actos de Xerais na Festa dos Libros de Pontevedra

Os días 5, 6 e 7 de xullo terá lugar a Festa dos Libros de Pontevedra na que Xerais ten programados os seguintes actos: Venres, 5 de xullo 19:00 horas: Manuel Rivas, acompañado de Fran Alonso, presenta Contra todo iso. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste.