Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: lendo_contigo

O escritor Antonio García Teijeiro participou con «Poemar o mar» nunha sesión de Espazo Lectura no Museo do Mar de Galicia

¡Este pasado sábado, o escritor Antonio García Teijeiro desprazouse ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, para participar na sesión do Club de Lectura Lendo Contigo que Espazo Lectura organizou arredor do libro Poemar o mar, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017.

O cómic «Astérix en Italia», centrará este sábado a sesión do Club Lendo Contigo de Espazo Lectura

O cómic Astérix en Italia, de René Goscinny,  Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, centrará o sábado 16 de decembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura. Reproducimos tamén o vídeo elaborado por Espazo Lectura para esa sesión.

«Avións de papel, de Xavier Estévez, no Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar. Video sobre o libro

A novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, centrará o sábado 25 de novembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, coa presenza do autor, Teresa González Costa. A novela está ilustrada por Marcos Viso e publicada na colección Sopa de Libros. O equipo coordinador dese club de lectura elaborou, ademais, un vídeo que reproducimos abaixo.

«Fred Quincalla, o nómade do mar» e Teresa González Costa, no Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar

A novela infantil Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, centrará o sábado 28 de outubro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, coa presenza da autora, Teresa González Costa. A novela está ilustrada por  Marina Seoane e publicado na colección Sopa de Libros.