Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: liberdade

Un texto poético e metafórico dunha ilustradora atrapada pola maxia da arte: «Sementes», de Sonia García Vidal

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de M. X. Blanco sobre o álbum ilustrado Sementes, de Sonia García Vidal, que inclúe un CD con banda sonora. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Sonia García Vidal: «’Sementes’ é un álbum ilustrado pensado para todo tipo de públicos, con diferentes niveis de lectura»

A Revista Fin de Semana da TVG emitiu unha reportaxe sobre o álbum ilustrado Sementes, con entrevisa á súa autora, Sonia García Vidal. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Unha fonda reflexión da alienación da sociedade: «Sementes», de Sonia García Vidal. Con banda sonora en CD. Crítica en Trafengando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha rencensión sobre o álbum ilustrado Sementes, de Sonia García Vidal (autora do texto e as ilustracións), que se edita acompañado dun CD.   Sementes Que alegría de paquete veño de recibir! E, por suposto, a miña ollada dirixiuse primeiro ao álbum ilustrado que ocupaba gran parte da caixa.

Novidade: «Sementes», de Sonia García Vidal. Inclúe CD co conto locutado e vídeo. Unha historia a favor da liberdade

O álbum ilustrado Sementes, de Sonia García Vidal é unha novidade de Xerais. Inclúe CD con banda sonora. No Reino das Pílulas ninguén lembra como se sementa a terra. Está prohibido.Coa chegada da lúa crecente de febreiro, unha moza vai tentar que o campo volva dar os seus froitos, malia ter que infrinxir as leis para acadalo. Unha fonda reflexión sobre o mundo en que vivimos, sobre unha sociedade dominada por artificios.