Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_andel

Presentación en Vigo de “O mar que nos leva” de Moncha Fuentes

O venres 21 de decembro de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro O mar que nos leva de Moncha Fuentes. No acto acompañarán á autora Rosa López, Xosé Ramón Pena e Fran Alonso.

Presentación en Vigo de “Música no faiado” de Miguel Ángel Alonso Diz

O sábado 15 de decembro de 2018, ás 12:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Música no faiado de Miguel Ángel Alonso Diz e ilustrado por Laura Tova. No acto participarán Miguel Ángel Alonso Alonso Diz, Laura Tova e Manuel Bragado e contará coa actuación musical de Patricia Moon e David Zarandon.

Presentación en Vigo de “Galicia en bus” de María Reimóndez

O xoves 24 de maio de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Galicia en bus de María Reimóndez, XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.

Presentación en Vigo de “Común temos a patria” de E. X. Ínsua e Xurxo Martínez

O xoves 12 de abril de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañarán aos autores Xosé Ramón Pena e Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 16 de xaneiro de 2018, ás 19,30 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017) de Martiño Noriega e Daniel Salgado. No acto participarán os autores e Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “Rosalía de Castro e o poder sexual” de María Xosé Queizán

O venres, 6 de outubro, 2017, ás 19,30 horas, na libraría Andel, Avda Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Rosalía de Castro e o poder sexual de María Xosé Queizán. No acto participarán Susana Sánchez Aríns, Manuel Bragado e María Xosé Queizán.

Presentación en Vigo de “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía” de Xosé Luís Axeitos

O martes 5 de setembro, 2017, ás 20,00 horas na libraría Andel, Avda Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía de Xosé Luís Axeitos. No acto acompañarán ao autor X. L. Méndez Ferrín, Xosé Ramón Pena e Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “Bolxeviques 1917-2017″ de Teresa Moure (coord.)

O martes, 21 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avda. Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Bolxeviques. 1917-2017 de Teresa Moure(coord.). No acto, organizado en colaboración con Através Editora, editorial que publicou o tomo Bolcheviques 1917-2017  coordinado tamén por Teresa Moure, participarán José Emílio Vicente e Teresa Moure, coa presenza dos editores.

Presentación en Vigo de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín

O xoves, 15 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Andel, Avda. das Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. No acto participarán X. L. Méndez Ferrín, Manuel Bragado e Isaac Xubín.

Animación música, narración e poesía en «A música das árbores», de Servando Barreiro e Anxo Moure, un libro-disco con música e narración

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de  A música das árbores, de Servando Barreiro e Anxo Moure, un libro-disco de Xerais con música, narración e poesía.     «A música das árbores»   Na matinal de onte presentamos na libraría Andel de Vigo A música das árbores, o libro disco de Servando Barreiro e Anxo Moure, ilustrado por Chus Láuzara.

Presentación do libro-cd “A música das árbores” de Servando Barreiro en Vigo

O sábado, 12 de decembro, ás 12:00 horas, na libraría Andel, Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación do libro musical A música das árbores de Servando Barreiro e Anxo Moure e ilustrado por Chus Láuzara.

Presentación en Vigo de “Morena, perigosa e románica” de Pedro Feijoo

O venres, 16 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Andel, Avda. Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación da novela Morena, perigosa e románica de Pedro Feijoo. No acto, organizado dentro do programa “Os venres nas librerías”,  participarán Jacobo Buceta, Manuel Bragado e Pedro Feijoo.