Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_cartabón

Presentación en Vigo de “O canastro sen tornarratos” de David Rodríguez

O xoves 5 de abril de 2018 ás 20,00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez. No acto participarán Manuel Bragado e David Rodríguez.

Vídeo da presentación de «Luns», de Eli Ríos, na Libraría Cartabón en Vigo

A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación da novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.

Presentación en Vigo de “A cadencia da fractura” de Isaac Xubín

O xoves 30 de novembro ás 20:00 horas na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125 de Vigo, terá lugar a presentación do libro A cadencia da fractura de Isaac Xubín.

Vídeo da presentación de «A señorita Bubble», de Ledicia Costas, na Libraría Cartabón en Vigo

A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación da novela A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas.

Vídeo da presentación de «Terraza», de Fran Alonso, na Libraría Cartabón en Vigo

A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación de Terraza, de Fran Alonso en Vigo.

Texto de Iolanda Zúñiga sobre «Terraza», de Fran Alonso, lido na presentación de Vigo

Reproducimos o texto de Iolanda Zúñiga sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, lido na presentación de Vigo, na libraría Cartabón. Hoxe xoves 30 preséntase en Compostela.

Unha triloxía de poética de formato hibridado: «Terraza», de Fran Alonso. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.     Presentación de «Terraza» de Fran Alonso na libraría Cartabón Resultou magnífica a presentación na libraría Cartabón de Terraza, o novo libro de poemas de Fran Alonso.

Vídeo da presentación de «Non debían medrar», de Manuel Lueiro Rey, na libraría Cartabón de Vigo

A libraría Cartabón publicou o vídeo da presentación dos libros de Manuel Lueiro Rey  Non debían medrar, editado por Xerais, e Novas crónicas dunha transición intransixente, editado por Laiovento, en edición de Ramón Nicolás.

Homenaxe a Manuel Lueiro Rey en Vigo. Anotacións en Brétemas e Caderno da crítica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación en Vigo de dous libros de Manuel Lueiro Rey, Non debían medrar editado por Xerais e Novas crónicas dunha transición intransixente por Laiovento. Tamén o crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha anotación sobre a presentación.

Vídeo da presentación da novela «O espello do mundo», de Ramón Nicolás, na libraría Cartabón

A libraría Cartabón publicou o vídeo da presentación da novela  O espello do mundo, de Ramón Nicolás, que o propio autor recolle no seu blog.

Presentación en Vigo de “Non debían medrar” de Manuel Lueiro Rey

O xoves, 6  de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación dos libros de Manuel Lueiro Rey  Non debían medrar, editado por Xerais, e Novas crónicas dunha transición intransixente, editado por Laiovento, en edición de Ramón Nicolás. No acto participarán Pepe Carreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Presentación de “O espello do mundo” de Ramón Nicolás en Vigo

O martes, 27 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, en Vigo, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto participarán María Reimóndez, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.