Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_couceiro

«Todo é silencio», a presentación en Couceiro

Couceiro from Fernando Lema on Vimeo. Eis o magnífico vídeo que preparou Fernando Lema do acto da presentación o pasado 14 de outubro na praza de Cervantes de Todo é silencio de Manuel Rivas, organizado pola Libraría Couceiro. Iria Peña canta o fado «Chaves da vida», acompañada nas guitarras por Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.

«Asasinato no Consello Nacional», presentacion en Compostela o proximo xoves

«Asasinato no Consello Nacional», presentacion en Compostela o proximo xoves

O próximo xoves 25 de novembro terá lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes) a presentación da novela Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, cuxa primeira edición esgotou todos os exemplares á semana da súa saída. O acto contará coa participación de Dolores Vilavedra.

«O coitelo en novembro», de Marilar Aleixandre, presentación o próximo xoves en Santiago

O coitelo en novembro, a última novela de Marilar Aleixandre, será presentada o vindeiro xoves na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. O acto, que contará coa intervención de Víctor Freixanes, Manuel Bragado e a propia autora, terá lugar ás 20,00 horas, nas instalacións da librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela).

Manuel Rivas encheu a Praza de Cervantes coas palabras de «Todo é silencio»

Onte tivo lugar a presentación do último libro de Manuel Rivas, Todo é silencio, que se celebrou 19,30 horas, diante libraría Couceiro, coorganizadora do acto. A Praza de Cervantes de Santiago de Compostela acolleu un evento ao aire libre no que tamén estiveron presentes a cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara, así como o editor Manuel Bragado.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, preséntase o xoves 14 na libraría Couceiro en Compostela

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, preséntase o xoves 14 na libraría Couceiro en Compostela

A última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, preséntase o próximo xoves 14, ás 19,30 horas, na libraría Couceiro, situada na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela. Durante o acto intervirán o propio Manuel Rivas, a cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara e o editor Manuel Bragado. Se o tempo o permite, o acto ocupará a praza de Cervantes.

«Melancolía de sofá» de Luisa Castro, presentación hoxe en Compostela

Hoxe ás 20:00 horas presentarase na libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes) o libro de Luisa Castro, Melancolía de sofá. No acto acompañarán á autora o profesor Roberto Blanco Valdés e o editor Manuel Bragado.

«Sol de Inverno», presentación en Compostela

O vindeiro xoves, 12 de novembro, ás 20:00 horas, nas instalacións da Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Acompañarán á autora, a xornalista Helena Soto e o editor Manuel Bragado.

«Pedras de Compostela», presentación en Santiago

O mércores, 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase Pedras de Compostela de Aldonza de Praterías. No acto participarán Mercedes Gualteria Pintos, Xosé María Díaz, Ramón Villares e Manuel Bragado.

Sobre Aldonza de Praterías

César Lorenzo entrevista n’ A Nosa Terra á escritora Mercedes Gualteria Pintos amanuense das reflexións de Aldonza de Praterías recollidas no libro Pedras de Compostela. Quen é Aldonza de Praterías? A autora deste libro. Eu só me limitei a transcribir os seus pensamentos porque ela ten as mans ocupadas.

«Pirata», presentación en Compostela

O vindeiro mércores, 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Acompañarán á autora o músico Xabier Díaz e a escritora Marilar Aleixandre.

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Santiago

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Santiago

O vindeiro mércores, 8 de xullo, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro (Praza de Cervantes 6) de Santiago de Compostela terá lugar a presentación do libro de Xesús Alonso Montero Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). No acto o autor estará acompañado do editor Manuel Bragado.

«Non son de aquí», presentación en Compostela

«Non son de aquí», presentación en Compostela

Hoxe, venres, 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Non son de aquí, o poemario de María do Cebreiro. No acto a autora estará acompañada por Manuel Darriba, Daniel Salgado e o editor Fran Alonso.