Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_ler_a_pobra

Presentación de “Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo” de X. Ricardo Losada na Pobra do Caramiñal

O venres, 30 de outubro, ás 20:30 horas, na libraría Ler, rúa da Paz, 8, da Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Libraría Ler e Xerais, intervirán Xerardo Agrafoxo, Pedro García Vidal, Xosé Manuel Lobato, Antón Riveiro Coello e o autor.

Un libro moi creativo: «Cadeas», de Xabier López López. Crónica da presentación

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de María Hermida sobre a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013 na Pobra do Caramiñal.

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López n’A Pobra do Caramiñal

O venres, 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Tenda-Escola O Deán, rúa Rafael Calleja, 11-13 d’A Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela, 2013 e do número 92 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.