Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_libraida

Presentación en Gondomar de “Vivir a galope” de María Xosé Queizán

O venres 1 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas na libraría Libraida de Gondomar, terá lugar a presentación do libro Vivir a galope de María Xosé Queizán. No acto participarán Camiño Noia, Fran Alonso e María Xosé Queizán.

Presentación en Gondomar de “Común temos a patria” de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González

O venres 11 de maio de 2018, ás 20:00 horas, na Libraría Libraida de Gondomar, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañará aos autores, Carlos Méixome.

Presentación en Gondomar de “Os fillos do lume” de Pedro Feijoo

O mércores, 5 de xullo, ás 20:30 horas, na libraría Libraida de Gondomar, terá lugar a presentación da novela Os fillos do lume de Pedro Feijoo.

Encontro con Manuel Veiga en Gondomar

O xoves, 7 de abril, ás 20:30 horas, na librería Libraida, rúa Rosalía de Castro, 13, en Gondomar,  terá lugar o encontro co escritor Manuel Veiga autor dos libros Manuel María, buscando un país e Manuel María. Vida, versos e rebeldía.

Presentación «A memoria da choiva« en Gondomar

O venres, 22 de novembro, ás 20:30 horas, na libraría Libraida , rúa Rosalía de Castro 13 de Gondomar, terá lugar a presentación da novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo. No acto participarán Pedro Feijoo e Fran Alonso que manterán un diálogo… a tres bandas.