Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_sisargas

Presentación na Coruña de “O anxo negro” de Manuel Gago

O xoves, 30 de xuño, ás 20:00 horas, na libraría Sisargas, rúa San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a conversa arredor da novela O anxo negro de Manuel Gago. No acto, o xornalista Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial, conversará con Manuel Gago.

Presentación na Coruña de “Historia das historias de Galicia”

O mércores, 18 de maio, ás 20:00 horas, na librería Sisargas, rúa San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Historia das historias de Galicia en edición de Isidro Dubert. No acto participarán María del Carmen Saavedra, Francisco X. González e Isidro Dubert.

Os Premios Xerais no Ateneo de Pontevedra

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación conxunta dos tres Premios Xerais no Ateneo de Pontevedra, así como do acto de presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas, na libraría Sisargas.   Os Xerais no Ateneo As perdas da fin de semana adiaron a reseña do que foron as presentacións nas que participamos esta fin de semana.

Lectura, presentación e coloquio de “O último día de Terranova” na Libraría Sisargas da Coruña

O sábado, 28 de novembro, ás 12:00 horas, na libraría Sisargas, rúa San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a lectura, presentación e coloquio sobre a novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Presentación de «Cadeas» na Coruña

Presentación de «Cadeas» na Coruña

O venres 13 de decembro, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre, Parque de Marte s/nº, A Torre, A Coruña,  Xabier López López presentará a súa novela Cadeas, premio Xerais 2013. O acto, organizado pola Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto, a libraría Sisargas e Xerais, contará coa participación de Francisco Fernández Naval, Fran Alonso e o autor.