Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libraría_trama

Viaxa coa lectura: «Un lume azul», de Pedro Feijoo. Reportaxe no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe asinada por Marta Menán na que se da conta dunha selección de libros realizada polo equipo da libraría Trama, con mención ao libro: Un lume azul, de Pedro Feijóo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela maior: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela  A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo.     Presentación en Lugo da novela de Xabier Docampo «A nena do abrigo de astracán» Emotiva foi a conversa que mantivemos onte na Libraría Trama de Lugo con Pepe Coira e Xabier DoCampo arredor d’ A nena do abrigo de astracán.

Presentación «O bosque é grande e profundo» en Lugo

O mércores, 27 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Trama, avenida da Coruña 21 de Lugo, terá lugar a presentación da novela O bosque é grande e profundo de Manuel Darriba. No acto participarán Xabier Cordal, Fran Alonso e o autor.