Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: librería_maraxe

Presentación en Cangas de “Demos de verán” de Miguel Vázquez Freire

O luns 4 de decembro de 2017, ás 20:00 horas, na librería Maraxe, avda de Marín, 9, Cangas, terá lugar a presentación do libro Demos de verán de Miguel Vázquez Freire. No acto participarán María Xosé Jiménez, Manuel Bragado e o autor. Ao remate Chiqui Pereira lerá uns textos seleccionados do libro.

Unha novela que se deixa bicar pola lingua: «Antípodas» de Xosé Vázquez Pintor

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor.     «Antípodas» de Xosé Vázquez Pintor Na libraría Maraxe de Cangas do noso admirado Lito acompañamos onte a Xosé Vazquez Pintor na presentación de Antípodas, a súa novela máis poética de derrotas e resistencias.

Presentación en Cangas de “Antípodas” de Xosé Vázquez Pintor

O xoves, 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na librería Maraxe, Avda de Marín, 9 de Cangas, terá lugar a presentación da novela Antípodas de Xosé Vázquez Pintor. No acto participarán Manuel Bragado e Xosé Vázquez Pintor.

Presentación en Cangas de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 12 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Maraxe, Avda de Marín, 9 de Cangas, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda  de Xurxo Souto e o proxecto de documental “Os gaiteiros do mar”(en homenaxe aos gaiteiros de Cangas, Lito de Pinténse Manoliño de Donón). O Gran Sol é unha referencia emocional para a maioría das galegas e galegos.

Presentación de «Historia de Galicia» en Cangas

Presentación de «Historia de Galicia» en Cangas

O xoves, 19 de decembro, ás 20:30 horas, na libraría Maraxe, avenida de Marín 9, de Cangas Anselmo López Carreira presentará o seu libro Historia de Galicia.