Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: libro_de_poemas

Lois Pérez: «A poesía existe porque nela buscamos algo que non atopamos noutros lugares»

O programa Lugo en la Onda de Onda Cero emitiu unha entrevista co poeta, contacontos e deportista Lois Pérez, autor do libro Long Play.

Lois Pérez: «É posible facer un poema de calquera cousa, tamén do fútbol; o importante é a mirada poética»

O programa O Discóbolo da Radio Galega publicou unha entrevista de Óscar Losada ao poeta, contacontos e deportista Lois Pérez autor do libro Long Play.  A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Lois Pérez: «O libro, con toda a súa insignificancia, pretende axudar, aínda que só sexa por un intre, a cambiar os xeitos de mirar»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao poeta e contacontos Lois Pérez autor do libro Long Play.    Lois Pérez: «O lugar da poesía é, para min, a voz do subterráneo, os espazos aparentemente triviais ou marxinais do traxecto» Ledicia blue. Cantar a tristeza, a amargura, mais con ledicia e con humor, con ironía. Coma as mellores cantantes negras de blues.

Lois Pérez: «A miña poesía mira aos ollos da xente e renuncia á propia bagaxe literaria para conectar coa emoción e coa sinxeleza, coma no rock»

 O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Xiana Arias ao poeta e contacontos Lois Pérez autor do libro Long Play.  A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Lois Pérez: «Hai moitas ideas presentes en ‘Long Play’: o subterráneo, o desexo, a música, o humor, a morte…»

 O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co poeta e contacontos Lois Pérez autor do libro Long Play, que se presenta esta tarde na Casa das Crechas de Compostela. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Videopoema de Lois Pérez recitando «A miña terra, a nosa terra», do seu libro Long Play

O poeta e contacontos Lois Pérez deu a coñecer un videopoema a partir do texto de «A miña terra, a nosa terra», do seu libro Long Play, co música do «Sweet Home Alabama» empregada por Siniestro Total para «Miña Terra Galega».