Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: liceo

«Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, en Tempo de Lecer

«Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, en Tempo de Lecer

Tempo de Lecer Ourense informa da presentación, a pasada semana do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero no Liceo de Ourense. Reproducimos a información: O filólogo Xesús Alonso Montero presentou este xoves no Liceo o libro Aníbal Otero.

Presentación de «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo» de Xesús Alonso Montero, mañá xoves en Ourense

O libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero ., será presentado en Compostela mañá xoves 29, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense (rúa Lamas Carvajal, 5). O acto  contará coa participación do autor Xesús Alonso Montero e do editor Fran Alonso.

«Níxer», presentación en Ourense

O 26 de maio, mércores, ás 20:15 preséntase no Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal nº 5) Níxer, o libro do que son autores Francisco Xosé Fernández Naval, Camilo Franco, Alfonso Costa e Moustapha Bello Marka, editado por Xerais en colaboración con Acción contra a Fame e Cultura Solidaria Galega. No acto acompañaran aos autores Isabel Iglesias Santos, responsable en Galicia de Acción contra a Fame, e o editor Fran Alonso.

Marilar Aleixandre hoxe no Liceo de Ourense

A escritora Marilar Aleixandre, autora da novela A Cabeza de Medusa, premio Fundación Caixa Galicia 2008 de literatura xuvenil, participará hoxe ás 17:00 horas nun encontro con lectores e lectoras no Liceo de Ourense.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Ourense

O vindeiro xoves, 3 de decembro, ás 20:15 horas nas instalacións do Liceo de Ourense (rúa Lamas Carvajal nº 5) terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a obra máis recente de Suso de Toro. No acto o editor Manuel Bragado conversará con Suso de Toro sobre a novela.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte» presentación en Ourense

O luns, 5 de outubro, ás 20:15 horas presentarase no Liceo de Ourense Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o libro máis recente do profesor Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor Manuel Peña Rey e o editor Manuel Bragado.

«Para seguir bailando», presentación en Ourense

«Para seguir bailando», presentación en Ourense

Para seguir bailando, o libro de relatos de X.F. Fernández Naval, será presentado mañá 30 de abril, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense. No acto acompañarán ao autor Ánxeles Cuñas e Xavier Paz.