Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: literatura_galega

X. L. Méndez Ferrín recibiu o sábado en Vigo o Premio Laxeiro 2018

O escritor X. L. Méndez Ferrín recolleu o pasado sábado o Premio Laxeiro 2018 durante o transcurso dun xantar en Alcabre (Vigo) que conmemoraba a festa que realizaba anualmente o pintor Laxeiro para celebrar o seu aniversario.  A concesión do premio ao escritor de Vilanova dos Infantes significa un recoñecemento a toda unha vida dedicada á literatura. X. L.

X. L. Méndez Ferrín, Premio Laxeiro 2018

O escritor X. L. Méndez Ferrín foi galardoado onte coa Premio Laxeiro 2018 que concede a Fundación Laxeiro como recoñecemento a toda unha vida dedicada á literatura e a unha traxectoria que alcanzou un nivel de calidade excepcional. A entrega terá lugar o sábado 24 de febreiro no transcurso dun xantar que conmemora a festa que realizaba anualmente o pintor Laxeiro para celebrar o seu aniversario a base de lacón con grelos.