Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: livraría_torga

Presentación en Ourense de “Vento e chuvia” de Manuel Gago

O venres, 7 de marzo, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 12 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia de Manuel Gago. O acto contará coa participación de Manuel Gago e da actriz Soledad Felloza que dramatizará un dos relatos.

Presentación de “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo en Ourense

O xoves, 6 de marzo, ás 20:oo horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 12 de Ourense, terá lugar a presentación da novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo. No acto participarán a xornalista Raquel Feijóo, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Ourense de “El azabache y su cultura en la península Ibérica” de Angel Cardín

O venres, 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 12 de Ourense, terá lugar a presentación do libro El azabache y su cultura en la península Ibérica de Angel Cardín. No acto participarán José Platero, Xosé M. García Crego e o autor.

Presentación en Ourense de “Historia de Galicia” de Anselmo López Carreira

O xoves, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas na livraría Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Historia de Galicia de Anselmo López Carreira. No acto participarán Millán Picouto e Anselmo López Carreira.

Presentación de “Faneca Brava” de Manuel Portas en Ourense

O venres, 25 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense, terá lugar a presentación da novela Faneca Brava de Manuel Portas. No acto participarán Xosé Manuel Eyré, Fran Alonso e Manuel Portas.

Presentación en Ourense da novela “Os xornalista utópicos” de Manuel Veiga

O mércores, 9 de outubro, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense, terá lugar a presentación da novela Os xornalistas utópicos de Manuel Veiga. No acto participarán César Lorenzo, Manuel Bragado e Manuel Veiga.

Presentación en Ourense de “As vidas de Nito” de Xabier Paz

O xoves, 27 de xuño, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz. No acto participarán Mercedes Suárez, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Lectura de “As voces baixas” en Ourense

O mércores, 19 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 de Ourense, terá lugar unha  lectura de As voces baixas de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado. A partir das 19:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares na Livraria Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense.

«Denso recendo a salgado», de Manuel Portas, presentación en Ourense

«Denso recendo a salgado», de Manuel Portas, presentación en Ourense

O vindeiro venres, 29 de outubro, ás 20,00 horas na Livraría Torga, rúa da Paz, 16, en Ourense presentarase Denso recendo a salgado, a primeira novela de Manuel Portas. Acompañarán ao autor Marta Arribas, Sechu Sende e o editor Manuel Bragado.

«En castellano no hay problema», presentación en Ourense