Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: long_play

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Libros para a corentena: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica no blog «Balea Cultural»

O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Long Play, de Lois Pérez, publicado por Xerais na colección Poesía. Recensión: Lois Pérez, «Long Play» Un dos obxectivos destas publicacións especiais para a corentena era espir un pouco a miña biblioteca particular e amosar o eclecticismo que (creo que) caracteriza os meus estantes.

Un libro de poesía riquísimo que ten afecto, amor, lirismo e denuncia: «Long Play», de Lois Pérez. Anotación de Eva Mejuto no «Zigzag Diario»

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre o libro: Long Play, de Lois Pérez Díaz, publicado por Xerais na colección Poesía. A súa intervención pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 18.46″.

Lois Pérez: «A tristeza é un terreo abonado para sacar versos ou, alo menos, intentalo». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Long Play»

O poema Blues do Rei Bermang = B.B.King, incluido no libro Long Play, de Lois Pérez , gañou o Premio aRi(t)mar Galiza e Portugal ao mellor poema publicado en Galicia. ARi(t)mar é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago para difundir a música e a poesía editada nos dous lados da raia e para achegar a cultura e a lingua dos dous países.

Lois Pérez, autor do libro de poemas «Long Play», gañador do certame «aRi[t]mar Galiza e Portugal»

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela deu a coñecer os autores gañadores do certame aRi[t]mar galiza e portugal aos mellores poemas publicados en Galicia e en Portugal en 2017. Nesta edición os elixidos foron Lois Pérez, por “Blues do rei Bergman = B.B. King (Long Play, Xerais, 2017), e Alexandre Brea, por “Com o ritmo da chuva” (O livro branco, Livros de Ontem, 2017).

Lois Pérez: «Como escritor debo indagar no que son e no que levo dentro para darlle forma literaria»

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Lois Pérez, autor do libro Long Play.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Lois Pérez: ««Sinto certa simpatía polos que roubaron o busto de Fraga»

 O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Pérez sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Long Play” de Lois Pérez

O sábado 24 de marzo de 2018, ás 12,30 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, tera lugar o “Vermú entre libros” co poeta Lois Pérez autor de Long Play que estará acompañado por Santiago Lopo.

Presentación en Mondoñedo de “Long Play” de Lois Pérez

O venres 23 de marzo de 2018, ás 20:30 horas, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto participarán Antonio Reigosa, Paco Piñeiro, Xulio do Canelo, Fran Bouso e Lois Pérez.

Unha ollada limpa, honesta, comprometida: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. «Long Play», de Lois Pérez Tras poucos meses nas librarías Long Play, de Lois Pérez, acadou xa unha segunda edición, o que sempre supón unha moi feliz noticia. Tras achegarme ao libro non resulta de estrañar por moitas razóns.

Presentación en Vilalba de “Long Play” de Lois Pérez

O venres 9 de marzo de 2018, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, participarán Martiño Maseda, Marisa Barreiro, Chema Felpeto e Lois Pérez.

Lois Pérez: «A poesía existe porque nela buscamos algo que non atopamos noutros lugares»

O programa Lugo en la Onda de Onda Cero emitiu unha entrevista co poeta, contacontos e deportista Lois Pérez, autor do libro Long Play.