Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: luces

Anxo Angueira: «A nosa literatura vai por diante da nosa historia». Entrevista de Iago Martínez

O suplemento Luces de El País publica unha entrevista de Iago Martínez con Anxo Angueira sobre a súa novela Iria.   «A nosa literatura vai por diante da nosa historia» «Hai afogados que se recordan e outros que non se dan esquecido», sentencia Angueira Hai afogados que se recordan e outros que non se dan esquecido”, sentencia Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1961) na súa nova novela.

Pedro Feijoo, un escritor con maiúsculas. Repaso de novidades de Dolores Vilavedra

O repaso de novidades que realiza Dolores Vilavedra no suplemento Luces de El País aborda nesta ocasión os libros As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes; e de Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. Tamén cita Aire negro, de Agustín Fernández Paz.     As rapazas de Xan, a primeira novela de Manuel Iglesias Turnes, deixoume un tanto atónita.

Os poemarios «transmuta» e «Pan de ánimas» e a novela «Dark butterfly» no repaso de novidades de Dolores Vilavedra

Os poemarios «transmuta» e «Pan de ánimas» e a novela «Dark butterfly» no repaso de novidades de Dolores Vilavedra

O periódico repaso de novidades que realiza Dolores Vilavedra no suplemento Luces de El País aborda nesta ocasión as novidades da colección Poesía de Xerais, así como a novela Dark butterfly, de Rexina Vega. Xavier Cordal e Xoán Abeleira De volta. Retornan, da man de Xerais, voces poéticas convincentes, desas que sempre se botan en falla porque son o humus que garante a nosa continuidade como comunidade.

«No país das vacas», de Xurxo Lobato: as vacas galegas no século XXI

«No país das vacas», de Xurxo Lobato: as vacas galegas no século XXI

El País publica unha información de José Luis Estévez sobre O país das vacas, de Xurxo Lobato, baseada no libro do mesmo título que publicou Xerais.   Xurxo Lobato retrata la vida de las vacas en el siglo XXI El Museo do Pobo acoge una muestra didáctica sobre el animal más gallego La vaca, ese símbolo no oficial de Galicia, es el objeto de una exposición didáctica que se abrió ayer en el Museo do Pobo Galego.

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Dolores Vilavedra realiza no suplemento Luces de El País o seu periódico repaso de novidades. Reproducimos os textos referidos aos libros de Xerais. Extramunde, de Xavier Queipo Tamén en capa dura chega a nós Extramunde de Xavier Queipo, un merecidísimo -xulgando sen saber cales foron as outras obras concursantes- Premio Xerais 2011. Con esta novela o autor demostra que a vontade de estilo non está rifada coa eficacia narrativa.

Fran Alonso: «A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime». Entrevista ao autor de «Ninguén»

Fran Alonso: «A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime». Entrevista ao autor de «Ninguén»

El País publica hoxe no suplemento «Luces» unha entrevista de Teresa Cuíñas con Fran Alonso a raíz da publicación do seu último libro, Ninguén. «A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime» Novelista, poeta, xornalista e editor, Fran Alonso é un autor prolífico.

«Poñente», de Pere Tobaruela, e «Ninguén», de Fran Alonso, no repaso de novidades de Dolores Vilavedra

«Poñente», de Pere Tobaruela, e «Ninguén», de Fran Alonso, no repaso de novidades de Dolores Vilavedra

O suplemento Luces de El País publicou un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «Tempo de devalar», realiza un repaso dos últimos títulos publicados, abordando brevemente Ninguén, de Fran Alonso, e Poñente, de Pere Tobaruela.

O estado da edición e políticas do libro. Reportaxe no suplemento Luces de El País

O suplemento Luces, de El País, publicou o pasado sábado unha longa reportaxe sobre o estado da edición en Galicia, da que tamén formaba parte unha entrevista ao director de Xerais, Manuel Bragado, así como a Víctor Freixanes, director de Galaxia. Á pregunta de se existe política do libro en Galicia, o director de Xerais responde: «Non existe tal cousa.

«Penúltimo dietario», de Neira Vilas: unha achega á literatura do diario

Daniel Salgado publica un artigo no suplemento Luces de El País sobre o xénero diarístico e fala de Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas. Talvez para construír a verdadeira crónica privada das nacións non abonde, como escribira Balzac, coa novela.

Dolores Vilavedra aborda «Despois da medianoite» e «Vía secundaria» no último repaso de novidades

Dolores Vilavedra aborda «Despois da medianoite» e «Vía secundaria» no último repaso de novidades

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «Pintan bastos», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados, citando a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo e facendo un breve percorrido por Despois da medianoite, de Salma, e  Vía secundaria, de An Alfaya.

«Exogamia 0.3», de Ramón Caride, por Dolores Vilavedra

«Exogamia 0.3», de Ramón Caride, por Dolores Vilavedra

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «O mundo dende outras perspectivas», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados. Reproducimos o referido a Exogamia 0.3, de Ramón Caride. Exogamia 0.3, de Ramón Caride: media ducia de relatos de ficción científica sobre temas de arestora, susceptibles de interesaren a públicos de idade diversa.

«Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, por Dolores Vilavedra

«Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, por Dolores Vilavedra

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «O mundo dende outras perspectivas», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados. Reproducimos o referido a Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano.