Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: luís_rei_núñez

A vida dun grande contada por un dos máis destacados narradores actuais: «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Rafael Dieste. O libre pensamento, de Luís Rei Núñez. O libro está publicado por Xerais na colección: Biografía. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 06.00″.

Luis Rei Núñez: «Esta biografía facilitará gozar de todo canto Dieste deixou escrito ao longo da súa traxectoria». Entrevista no Faro de Vigo sobre: «Rafael Dieste. O libre pensamento»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Luis Rei Núñez, autor do libro: Rafael Dieste. O libre pensamento. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Biografía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha visión vital pasada pola peneira da narrativa: «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. Entrevista no xornal La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Luis Rei Núñez, autor do libro: Rafael Dieste. O libre pensamento. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Biografía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Rafael Dieste. O libre pensamento” de Luís Rei Núñez

O luns 8 de abril de 2019 ás 20:00 horas, no Espazo Nemonon, Marques de Riestra, 11-1º, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Rafael Dieste. O libre pensamento de Luís Rei Núñez. No acto as xornalistas María Varela e Susana Pedreira conversarán co autor.

Novidade: «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. A apaixonante vida dun home libre e bondadoso e o seu tempo

Rafael Dieste. O libre pensamento, de Luís Rei Núñez, é unha novidade da colección Crónica de Xerais. Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis extremas. Entre 1899 e 1981, a de Rafael Dieste foi unha existencia entre as palabras, o mellor espello da realidade.

Luís Rei Núñez: «Quero seguir facendo un retrato da época de Castelao»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Lucía P. Álvarez a Luís Rei Núñez sobre a novela O encargo do señor Castelao. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Derrota, enfermidade e vinganza nunha orixinal novela: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

A cidade de Pontevedra e «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Artigo de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e no seu blog un artigo de dúas novelas en torno á memoria, sendo unha delas O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez.     Dous títulos na memoria da cidade Literatura.

Lectura e sinatura de exemplares da novela “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez en Pontevedra

O xoves, 10 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Cronopios, rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, en Pontevedra, terá lugar a lectura de textos da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto participarán a xornalista María Varela, o escritor Xaime Toxo e o autor Luís Rei Núñez que asinará exemplares ao remate da lectura.

Presentación en Compostela de “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez

O mércores, 19 de outubro, ás 20:00 horas, no Airas Nuñes Café, rúa do Vilar, 17, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto participarán Xosé Manuel Beiras, Manuel Bragado e Luís Rei Núñez, e contará coa lectura de textos a cargo de Susana Recouso e coa música de Luís Soto (frauta) e Santi Cribeiro (acordeón).

Un verdadeiro episodio nacional galego: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Magnífico e orixinal relato, escrito con pericia admirable: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Artigo de Xesús Alonso Montero

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, publicou en La Voz de Galicia un artigo sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.