Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: luns

Unha historia contada de maneira eficaz e económicamente expresiva: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela Luns, de Eli Ríos. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Eli Ríos, no club de lectura da Biblioteca municipal de Caldas de Reis coa súa novela «Luns»

A escritora  Eli Ríos visitou o club de lectura da biblioteca municipal P. M. Martínez Ferro, de Caldas de Reis coa súa novela Luns. Reproducimos a información do blog a biblioteca.

Os Premios Fervenzas Literarias 2017 recoñecen varias obras e autores/as de Xerais

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos os resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Vídeo da presentación de «Luns», de Eli Ríos, na Libraría Cartabón en Vigo

A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación da novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.

Presentación en Vigo de “Luns” de Eli Ríos

O xoves 21 de decembro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125,  Vigo, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016. No acto participarán Paula Gómez del Valle, David Cortizo e Eli Ríos.

Presentación en Ordes de “Luns” de Eli Ríos

O venres 15 de decembro de 2017, ás 20:30 horas, no Museo do Traxe de Ordes, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016. No acto participarán Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Ramón Vilar, xornalista e escritor e a autora.

Unha reivindicación do valor das mulleres na traxedia do cotián: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.

Non é un libro calquera; é imposible pasar por el sen feridas: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.   Recensión: Eli Ríos, «Luns» Eli Ríos é indubidablemente unha das autoras do momento na literatura galega.

Presentación na Coruña de “Luns” de Eli Ríos

O venres 1 de decembro de 2017 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación da novela Lunsde Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016. No acto acompañarán á autora, Lorena Bembibre, médica e Esther Gómez, libreira.

Presentación en Betanzos de “Luns” de Eli Ríos

O luns 27 de novembro de 2017, ás 19:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, Eli Ríos, autora da novela Luns, manterá un encontro co Club de Lectura do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Esta actividade é aberta ao público en xeral.

Presentación en Pontedeume de Luns de Eli Ríos

O xoves 23 de novembro de 2017, ás 20,00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativaen lingua galega 2016. No acto, organizado polo Ateneo Eumés, participarán Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e a autora.

Eli Ríos: «Os galegos temos un humor moi besta»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López á escritora Eli Ríos sobre a súa novela Luns, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.