Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: lupe_gómez

Artigo de Lupe Gómez sobre «Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

A escritora e xornalista Lupe Gómez publicou un artigo no Galicia Hoxe sobre Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro. Reproducímolo integramente: Hai, en tendas de antigüidades, verdadeiras cousas doutro tempo que nos fan soñar con momentos únicos. Hai gramófonos que teñen vida propia na noite romántica das cidades.

Crítica de Lupe Gómez sobre «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

Crítica de Lupe Gómez sobre «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

A escritora e xornalista Lupe Gómez publicou en Galicia Hoxe unha recensión crítica sobre As palabras que move o mar, de Xaime Toxo. Reproducímola integramente: O brillo narrativo Sentimos a necesidade de que nos conten historias, porque temos unha infinita sede de palabras. O alento narrativo nace no misterioso compás da noite. Pouco a pouco van nacendo os relatos que conforman –e reinventan– o mundo.

Entrevista de Lupe Gómez a Fran Alonso sobre «O meu gato é un poeta»

Reproducimos a entrevista que Lupe Gómez lle fixo a Fran Alonso o pasado 16 de abril no Galicia Hoxe con motivo da publicación de O meu gato é un poeta. A serenidade vixiante O escritor Fran Alonso publica en Xerais o libro O meu gato é un poeta, que inclúe CE e clave de acceso á web, para darlle un novo enfoque á poesía infantoxuvenil É autor de libros como O brillo dos elefantes ou Males de cabeza.

«Valados na pel» por Lupe Gómez

Inventamos valados que nos separan dos demais, ou levamos eses muros escritos e debuxados na pel. O escritor galego Agustín Fernández Paz conta moi ben unha historia de separacións dolorosas no seu libro Valados, publicado pola editorial Xerais. A man sincera e honesta do autor vaise pousando neste conto como se fose unha folerpiña de neve. O seu libro resulta moi entretido, moi animado.

Manuel Rivas entrevistado en «Galicia hoxe»

Lupe Gómez entrevista en Galicia hoxe a Manuel Rivas con motivo do seu ingreso mañá na Academia Galega e a recente publicación do libro Episodios galegos. Entre outras cuestións de grande interese, Rivas adianta o que será o contido do seu discurso de ingreso: «Con ese título de A boca da literatura, vou falar de “memoria, ecoloxía e lingua”.

«Un país a medio facer», crítica de Lupe Gómez

«Un país a medio facer», crítica de Lupe Gómez

«Un país raro», así define Galicia a escritora Lupe Gómez no Galicia Hoxe de onte, domingo, cando fala de Un país a medio facer, o máis recente libro de Fran Alonso. Reproducimos parte do seu artigo, publicado baixo o título «Hipopótamo amoroso» no suplemento «Lecer»: O escritor galego Fran Alonso sempre nos sorprende coas súas achegas orixinais, coa súa escrita diferente.

Herminio Barreiro, monográfico de rdl

Con motivo da presentación de Recordar doe, rdl publica hoxe un monográfico de oito páxinas sobre Herminio Barreiro. Unha longa entrevista con Herminio e textos de Narciso de Gabriel e Lupe Gómez conforman este magnífico suplemento que recomendamos vivamente.

“Recordar doe”, presentación

“Recordar doe”, presentación

O vindeiro xoves, 19 de xuño, ás 20:00 horas presentaremos na Libraría Couceiro de Santiago Recordar doe de Herminio Barreiro. No acto participarán o autor, Lupe Gómez, Luís Cochón e Manuel Bragado.