Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: magazine_cultural_galego

Laureano Xoaquín Araujo Cardalda: «A revolución feminista implica unha gran mutación antropolóxica, e nós somos os homiños pillados no medio»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista ao poeta Laureano Xoaquín Araujo Cardalda sobre o poemario Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2014.

Antonio Tizón: «Pretendín desembarazarme das miñas vivencias máis patolóxicas, dos traumas máis propios da miña enfermidade»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa.     «Pretendín desembarazarme dunha vez das miñas vivencias máis patolóxicas, dos traumas propios da miña enfermidade» Un retrato da loucura. Do transtorno bipolar como “antesala luminosa” que escurece todo os demais aspectos da vida. Tamén do amor e a morte.

Mercedes Leobalde: «Isto é un pouco adictivo. Canto máis escribes máis che gusta». Entrevista coa autora de «Funambulistas»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a á escritora Mercedes Leobalde, gañadora do Premio Ánxel Fole co libro de relatos Funambulistas.   Mercedes Leobalde: “A vida é inseguridade, incerteza. Sempre temos que manter o equilibrio.

Manuel Portas: «Non creo na finalidade moralizante da literatura»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Manuel Portas sobre a súa novela Amor en alpargatas.     Manuel Portas: «Non creo que a creación teña que se submeter á función pedagóxica horaciana» Historias de amor entre individualidades que se cruzan e, de fondo, o esfarelamento do nacionalismo galego organizado, a falta de unidade do mesmo.

Carlos Callón: «Non hai forma de vivir sen feridas. Ou tes feridas, ou non tes vida». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Carlos Callón sobre o seu poemario Atravesar o fantasma.     Carlos Callón: «Non hai forma de vivir sen feridas. Ou tes feridas, ou non tes vida» Despois da perda, da dor, a vida continúa. Mais sen rexistrar a perda a vida, se cadra, non pode continuar. Diso fala Carlos Callón no seu primeiro libro de poemas, ‘Atravesar o fantasma’ (Xerais).

Lucio Martínez: «Filgueira Valverde tivo o poder suficiente para eliminar probas da súa importantísima colaboración coa ditadura franquista»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Lucio Martínez Pereda, sobre  Medo político e control social na retagarda franquista, unha novidade da colección Crónica. A entrevista publicouse tamén no suplemento literario ProTexta.

Ledicia Costas: «Cando chegou a profesionalización da cociña mantívose o patriarcado: os grandes chefs son eles»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Ledicia Costas sobre o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.   «Cando chegou a profesionalización da cociña mantívose o patriarcado: os grandes chefs son eles» ‘Escarlatina, a cociñeira defunta’ gañou o premio de Fervenzas Literarias á mellor portada e mellor libro de literatura infantil.

Xurxo Souto: «Non é casualidade que pasen cousas con pretroleiros nas nosas costas: estamos no medio dun fluxo económico brutal»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Xurxo Souto sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda.(Foto: Teruka Queiro)   Xurxo Souto: «Non vivimos na periferia, senón no centro do mar, no medio da súa autoestrada principal» Non coñecemos o mar. Por iso o tememos e o reducimos a tráxicos naufraxios ou apresamentos de barcos.

Pemon Bouzas: «Na Inquisición había corruptos, déspotas e prevaricadores, igual que hoxe en moitos dos estamentos relacionados co poder». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a  Pemón Bouzas sobre a novela A voz do vento (Foto: Pablo González/Facebook).

Jorge Llorca: «A sociedade está feita para frustrar os máis febles». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista con Jorge Llorca sobre O violín de Rembrandt, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013.     «A sociedade está feita para frustrar os máis febles; pero todos tentan sobrepoñerse, aínda que sexa en soños» Jorge Llorca gañou o premio Blanco Amor 2013 co seu segundo libro, ‘O violín de Rembrandt’.

Xabier Quiroga: ««A manipulación mediática é unha realidade coa que nos acostumamos a convivir». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a a Xabier Quiroga sobre Zapatillas rotas.     «A manipulación mediática é unha realidade coa que nos acostumamos a convivir e da que resulta imposíbel librar» Xabier Quiroga volve publicar despois de cinco anos.

Elega Gallego: «A presenza dos clicks no escenario de cada crime é a pegada do asasino». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Elena Gallego Abad sobre Sete Caveiras.