Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: mais_que_ver_cen_historias_do_deseño_na_galiza

Actos de Xerais na Feira do Libro de Cambados 2019

Do 16 ao 22 de xuño no Paseo Calzada de Cambados terá lugar a I Feira do Libro de Cambados na que Xerais ten os seguintes actos: Venres 21 de xuño ás 19:15 horas: Presentación de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. Acompañará ao autor Victor Caamaño.       Venres 21 de xuño ás 19:30 horas: Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras na caseta da libraría Cartabón.

Presentación en Vigo de “Máis que ver” de Pepe Barro

O martes 21 de maio de 2019, no salón de actos da Escola Aula D, rúa Elduayen 36-1º de Vigo, terá lugar a presentación do libro Máis que ver, cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. O acto, organizado en colaboración co Ateneo Atlántico, Aula D. Escola de Deseño e Xerais, contará coa participación de Carlos Bernárdez e Pepe Barro.

Dezaseis títulos publicados por Xerais optan aos Premios da IV Gala do Libro Galego 2019

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará sábado 11 de maio de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dazaseis títulos publicados por Xerais están entre as obras finalistas: Ensaio e investigación – Común temos a patria.

Un cursiño ameno encol das simbolizacións de Galicia e da súa cultura: «Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza», de Pepe Barro. Anotación na revista Luzes

A revista Luzes publicou unha anotación de David Rodríguez sobre o libro: Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza, de Pepe Barro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio.   ‘Máis que ver.

Sabedoría, claridade e paixón para debullar algúns dos fitos visuais da nosa cultura. «Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza», de Pepe Barro. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza, de Pepe Barro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Cen historias moi relevantes sobre o deseño e a comunicación visual no noso país: «Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza». Clube de lectura en Radiofusión sobre o libro de Pepe Barro

O libro: Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza, do que é autor o deseñador Pepe Barro, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que particparon Pitusa Arias, Noli Vilariño e Henrique Sanfiz , xunto con Pepe Barro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza” de Pepe Barro

O xoves 8 de novembro de 2018, ás 19:30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. No acto participarán Suso de Toro e Pepe Barro.

Pepe Barro: «Consumimos as imaxes coma quen respira, sen ser conscientes» Entrevista en La Voz de Santiago sobre: «Máis que ver. Cen historias de deseño na Galiza»

O xornal La Voz de Galicia publicou no seu suplemento La Voz de Santiago unha entrevista de P. Calveiro ao deseñador gráfico Pepe Barro sobre o libro: Máis que ver. Cen historias de deseño na Galiza. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pepe Barro: «Unha das funcións deste libro é comunicar que hai fitos que teñen importancia e non se lles dá» Entrevista no «Sermos Galiza» sobre «Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de M. Obelleiro ao deseñador gráfico Pepe Barro sobre o seu libro Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (Imaxe: Xoán Piñón – Sermos Galiza).

Presentación en Santiago de “Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza” de Pepe Barro

O xoves 25 de outubro de 2018, ás 19:30 horas na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. No acto participarán Pepe Barro e Manuel Bragado.

A importancia de describir fitos do deseño galego. «Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza», de Pepe Barro. Artigo de Santiago Jaureguizar

  Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o ensaio: Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza, do que é autor Pepe Barro. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Betanzos de “Máis que ver” de Pepe Barro

O martes 25 de setembro ás 20:00 horas, na libraría Biblos de Betanzos, Pepe Barro, autor de Máis que ver, conta historias sobre o deseño na Galiza.