Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: mal_de_escola

«Mal de escola» de Daniel Pennac, premio Spinoza de ensaio

Onte o xurado do Premio Spinoza de ensaio, formado por alumnado do Insituto Rosalía de Castro de Santiago, anuncio que Mal de escola de Daniel Pennac foi a obra gañadora da primeira edición deste premio. A obra, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto, foi editada por Xerais no pasado mes de outubro, sendo reeditada a comezos deste ano 2009. Recollemos o texto da noticia preparada por A.

«A clase» e «O valor do envoltorio»

«A clase» e «O valor do envoltorio»

Hai varios días recollemos a anotación de Cesare sobre Mal de escola. Hai uns días publicou outras dúas anotacións de grande interese, a primeira sobre A clase e a segunda sobre O valor do envoltorio.

«Mal de escola»

«Mal de escola»

Recollemos a anotación que sobre Mal de escola de Daniel Pennac publica Cesare no seu blo As túas balas. I Os estudantes son agora moito peores ca antes –dime un profesor universitario de 31 anos–. O outro día púxenlles ao grupo B un exercicio que fago todos os anos: teñen que preparar unha noticia e locutala como se fose un telexornal, metendo a cabeza por unha tele de cartón.

«Mal de Escola», crítica en «Nós»

«Mal de Escola», crítica en «Nós»

Martin Pawley publicou onte no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia unha crítica de Mal de escola de Daniel Pennac. reproducimos o texto polo seu grande interese: Unha muller case centenaria contempla na televisión un documental sobre un escritor francés, ao cal amosa na vida cotiá, rodeado de libros na súa biblioteca, falando do oficio literario e do seu pasado como mestre.

Experiencia de animación á lectura en Radio Tui

Experiencia de animación á lectura en Radio Tui

Dende o pasado mes de xaneiro alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria do Colexio Público Pazos de Reis de Tui desenvolven durante as mañás dos martes un programa de animación á lectura na Radio Municipal de Tui. Os alumnos e alumnas analizan un libro, realizan unha pequena reseña do autor e recomendan a súa lectura.

“A Clase” e “Mal de escola” son noticia en “La Voz de Galicia”

“A Clase” e “Mal de escola” son noticia en “La Voz de Galicia”

La Voz de Galicia publica hoxe, nas páxinas de cultura, “A literatura sobre os conflitos nas aulas é un éxito de vendas en Galicia”.  Os libros A clase e Mal de escola esgotan a súa primeira edición só un mes despois de saír publicados.

«Mal de escola», prepárase a segunda edición

«Mal de escola», prepárase a segunda edición

Entrou no prelo a segunda edición de Mal de escola, o libro de Daniel Pennac traducido  por Xavier Senín e Isabel Soto. Esta edición de Mal de escola foi un dos títulos en galego mellor acollidos polos lectores durante o pasado Nadal.

Os premios Xerais de novela hoxe en «Libro aberto»

Os premios Xerais de novela hoxe en «Libro aberto»

Os gañadores do premio Xerais de Novela 2008 visitan hoxe «Libro aberto», o programa de literatura da Televisión de Galicia. Na Biblioteca Nacional de Galicia da Cidade da Cultura, será entrevistado o escritor Manuel Lourenzo González, gañador do premio Xerais con O xardín das pedras flotantes.

«Mal de escola», crítica no «Faro da Cultura»

«Mal de escola», crítica no «Faro da Cultura»

Heitor Mera publica unha crítica no Faro da Cultura sobre Mal de escola, o libro de Daniel Pennac traducido para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto.

«Mal de escola», aconsellado por Ronsel

«Mal de escola», aconsellado por Ronsel

No magnífico blog Trafegando ronseis aparece unha importante anotación arredor de Mal de escola, o libro de Daniel Pennac. Recollemos o parágrafo co que finaliza o texto: Como aconteceu con Como unha novela, creo que todo o profesorado debería ler este libro, do que podemos gozar en galego grazas á editorial Xerais. E xa me contaredes. Eu seguirei a cavilar.

«Mal de escola», o novo Pennac en Xerais

«Mal de escola», o novo Pennac en Xerais

Como xa anunciaramos hai dúas semanas a edición en galego de Mal de escola, o máis recente éxito de Daniel Pennac, está a piques de chegar ás librarías. Este encontro entre a autobiografía e o ensaio, Premio Renaudot 2007, foi traducido para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto.

«Mal de escola», a volta de Daniel Pennac en galego

«Mal de escola», a volta de Daniel Pennac en galego

Nos primeiros días de outubro estará nas librarías galegas Mal de escola, a celebrada obra de Daniel Pennac, traducida para a nosa lingua por Xavier Senín Fernández.