Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manrique_fernández

Unha novela cociñada a lume lento: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. Xabier P. Docampo, «A nena do abrigo de astracán» Poucas veces asistimos á lectura dun relato no que o narrador e principal protagonista sexa unha vila.

Un dos valores máis firmes da narrativa galega: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.   Santiago Lopo, «A arte de trobar» Santiago Lopo gañou este ano o Premio Xerais coa novela «A arte de trobar», un relato de ambientación histórica que se sitúa no século XIII.

Un referente ineludible da literatura galega contemporánea: «A señorita Bubble», de Ledicia Costas. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas.   Ledicia Costas, «A señorita Bubble» Cando Ledicia Costas escribe para nenos, sabe ben que teclas tocar para que os rapaces disfruten da lectura. Iso é algo que xa ten demostrado sobradamente ao longo destes anos e a súa última entrega non é unhaexcepción.

Unha novela impactante e arriscada: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Manrique Fernández

O xornalista e escritor Manrique Fernández publicou no seu blog, O meu andel, unha recensión crítica sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.

Presentación en Ponteareas de “O espello do mundo” de Ramón Nicolás

O venres, 12 de maio, ás 20:30 horas, na Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, terá lugar a presentación do libro O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto, organizado dentro do programa “Venres D_letras”, participarán Manrique Fernández, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Reinventarse en cada entrega literaria: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.     Fran Alonso, Terraza Fran Alonso ten a teima de reinventarse con cada entrega literaria, sempre á procura de novas canles expresivas e novos xeitos de mudar a realidade máis achegada a través, a miúdo, do verso.

Presentación en Ponteareas de “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” de Ledicia Costas

O venres, 13 de xaneiro, 2017,  ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas,  terá lugar a presentación do libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas.

A memoria e as raíces: «Todo o tempo do mundo», de David Pérez Iglesias. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, ilustrada por Marcos Viso,  Premio Merlín de Literatura Infantil 2016.

Unha novela clara e directa, con humor ácido, mordaz e retranqueira: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016.   «A ira dos mansos», de Manuel Esteban Manuel Esteban preséntase por primeira vez diante do público e faino avalado polo Premio Xerais de Novela deste ano, o que xa nos indica que debemos prestarlle atención ao seu nome.

Lectura sorpendente que xoga coas nosas emocións: «Placebo», de Jaureguizar. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Placebo, de Jaureguizar.   Santiago Jaureguizar, «Placebo» Oito anos despois de ‘O Globo de Shakespeare’, Santiago Jaureguizar regresa á narrativa galega para adultos.

Presentación en Ponteareas de “Galería de saldos” de Diego Giráldez

O venres, 14 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, terá lugar a presentación do libro Galería de saldos de Diego Giráldez. No acto, organizado no programa “Venres D_Letras”, participarán Manrique Fernández e Diego Giráldez.

Marabillosa aventura: «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha valoración crítica de Manrique Fernández sobre a novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015.