Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_bragado

Un brillante manual sobre as infelicidades contemporáneas: «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.    Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira   Lin onte dunha sentada Un peixe no parqué, o novo libro de narrativa de Ramón Vilar Landeira.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

A importancia das badaladas de Xabier, a quen lembramos sempre con saudades e admiración: «O misterio das badaladas», de Xabier P. DoCampo. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.    O misterio das badaladas, de Xabier P.

Actos de Xerais na Festa dos Libros de Pontevedra

Os días 5, 6 e 7 de xullo terá lugar a Festa dos Libros de Pontevedra na que Xerais ten programados os seguintes actos: Venres, 5 de xullo 19:00 horas: Manuel Rivas, acompañado de Fran Alonso, presenta Contra todo iso. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste.

Unha novela que marcará unha xeración de lectoras do noso tempo: «Infamia», de Ledicia Costas. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.    Infamia, de Ledicia Costas Moito agradecín que Ledicia Costas e Fran Alonso me convidasen a acompañalos na presentación de Infamia no Instituto Camoens.

Presentación en Vigo de “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O mércores 5 de xuño de 2019 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto participarán Ramón Nicolás, Manuel Bragado, Cesáreo Sánchez Iglesias e Fran Alonso.

Presentación en Vigo de “Infamia” de Ledicia Costas

O luns 13 de maio de 2019, ás 19,30 horas, no Instituto Camões, Praza Tenente Almeida, s/nº, Vigo, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto acompañarán á autora Carla Sofia Amado, Leitora USC, Responsável do Camões em Vigo; Manuel Bragado e Fran Alonso.

Presentación en Lugo de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O xoves 9 de maio, ás 19:00 h., na libraría Trama, Avenida da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado e Antonio Tizón, será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.

Presentación en Pontedeume de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O xoves 2 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado polo Ateneo Eumés, participarán Manuel Bragado e Camilo Nogueira.

Presentación en Moaña de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O martes 30 de abril de 2019, ás 20:30 horas, na Asociación de Mulleres de Moaña, rúa Concepción Areal, 170 entrechán, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto,  organizado pola Asociación “Universidade da Vida Elisa de la Peña González”, intervirán Manuel Bragado e Camilo Nogueira.

A nación resistente e optimista: «Unha nación no mundo», de Camilo Nogueira. Anotación de Manuel Bragado

A revista Tempos Novos publicou unha anotación do editor  Manuel Bragados obre o libro: Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010), de Camilo Nogueira. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón. Tamén no blog Brétemas, de Manuel Bragado.

Presentación en Pontevedra de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O mércores 27 de marzo de 2019, ás 20 horas, na Sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Casa das Campás, rúa de Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra,  acompañarán ao autor Xaime Toxo e Manuel Bragado.