Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_bragado

Presentación en Lugo de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O xoves 9 de maio, ás 19:00 h., na libraría Trama, Avenida da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado e Antonio Tizón, será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.

Presentación en Pontedeume de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O xoves 2 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado polo Ateneo Eumés, participarán Manuel Bragado e Camilo Nogueira.

Presentación en Moaña de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O martes 30 de abril de 2019, ás 20:30 horas, na Asociación de Mulleres de Moaña, rúa Concepción Areal, 170 entrechán, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto,  organizado pola Asociación “Universidade da Vida Elisa de la Peña González”, intervirán Manuel Bragado e Camilo Nogueira.

A nación resistente e optimista: «Unha nación no mundo», de Camilo Nogueira. Anotación de Manuel Bragado

A revista Tempos Novos publicou unha anotación do editor  Manuel Bragados obre o libro: Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010), de Camilo Nogueira. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón. Tamén no blog Brétemas, de Manuel Bragado.

Presentación en Pontevedra de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O mércores 27 de marzo de 2019, ás 20 horas, na Sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Casa das Campás, rúa de Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra,  acompañarán ao autor Xaime Toxo e Manuel Bragado.

Un libro imprescindible para as crianzas que recupera do esquecemento mulleres ocultadas. «Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño». Anotación de Manuel Bragado no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación do editor Manuel Bragado sobre o libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns. - Pioneiras 2. Manuel Bragado. Faro de Vigo 1 - Pioneiras 2. Manuel Bragado.

Un extraordinario álbum que reinventa para as crianzas este catálogo do noso imaxinario: «É tempo de entroido!», de Ramón D. Veiga. Anotación de Manuel Bragado no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo, publicou unha anotación do editor Manuel Bragado sobre o libro: É tempo de entroido!, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

Presentación en Santiago de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O xoves 28 de febreiro de 2019, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto acompañarán ao autor Suso de Toro, Manuel Bragado e Fran Alonso.

Unha emocionada Rosa Aneiros recibiu en Vilalba o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Rosa Aneiros recibiu o sábado, día 2 de febreiro de 2019, no Auditorio Municipal de Vilalba, o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, nun acto organizado polo Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia (Foto: Blog Brétemas) A noticia da entrega do premio foi recollida polos xornais El Progreso de Lugo, La Voz de Lugo, así como polo b

A escritora Rosa Aneiros recibe en Vilalba o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, Rosa Aneiros, que terá lugar o sábado, día 2 de febreiro de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.

Manuel Bragado: «O editor debe ser a intermediación necesaria entre o autor e o lector.» Entrevista nos xornais Diario de Pontevedra e El Progreso

  Os xornais Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron unha entrevista de Jaureguizar ao editor Manuel Bragado.

Unha novela pioneira na narrativa galega dos oitenta: « A chave das noces», de Xabier P. DoCampo. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: A chave das noces, de Xabier P. DoCampo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo.    A chave das noces, de Xabier P. DoCampo   Despois de trinta anos onte relín A chave das noces, a novela negra de Xabier P.