Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_bragado

Ledicia Costas: “Defendo que dende o galego se pode chegar plenamente a calquera sistema literario do mundo”. Conversa co editor Manuel Bragado na revista Luzes 60

O editor Manuel Bragado recolle no seu blog Brétemas a entrevista que mantivo coa escritora viguesa Ledicia Costas, publicada na revista Luzes 60.

Presentación en Ourense de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O xoves 18 de outubro, ás 20:00 horas no Café El Cercano, rúa Cardenal Quevedo, 20, Ourense, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto, no participarán Manuel Bragado e Antonio Tizón, será aderezado coa actuación musical de Xosé Constenla.

Vídeo da presentación de: «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban, na Libraría Cartabón de Vigo

O venres, día 5 de outubro de 2018, presentouse na libraría Cartabón de Vigo o libro: O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban. O acto contou coas intervencións de Ledicia Costasl, Manuel Bradado e o autor. A presentación foi recollida no seguinte vídeo.

A Deputación de Pontevedra homenaxea a Manuel Bragado polos seus 30 anos á fronte da Editorial Xerais. Noticia no «Diario de Pontevedra»

A Deputación de Pontevedra homenaxeou ao editor galego Manuel Bragado polos seus 30 anos á fronte de Edicións Xerais de Galicia. A homenaxe transcorreu durante a gala: «Unha lingua de premio», celebrada no Pazo Provincial e presentada pola escritora Ledicia Costas. A noticia foi publicada polo Diario de Pontevedra e pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “O meu nome é Ninguén” de Manuel Esteban

O venres 5 de outubro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro O meu nome é Ninguén de Manuel Esteban. O autor estará acompañado por Ledicia Costas e Manuel Bragado.

Presentación en Vilalba de «Fóra do normal», a novela coa que María Reimóndez gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade

O xornal El Progreso publica unha información sobre a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017. O acto terá lugar este venres 7 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. O certame está convocado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o Concello de Vilalba, coa colaboración de Xerais.

Presentación en Vilalba de “Fóra do normal” de María Reimóndez

O venres 7 de setembro de 2018 ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017, convocado polo IESCHA e o Concello de Vilalba coa colabroración de Xerais. No acto participarán Marisa Barreiro, Manuel Bragado, Éric Dopazo, Agustín Baamonde, María Reimóndez e Fran Alonso.

«Ficción orientada á recuperación dunha identidade galega esquecida ou agochada, nun concienciudo labor de construción de memoria.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presentación en Santiago de «O exército de fume», de Manuel Gago

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a presentación en Santiago da novela O exército de fume, de Manuel Gago (Imaxe: bretemas.gal)   «O exército de fume» de Manuel Gago, presentación en Compostela Presentación memorable a de onte en Cronopios na que estreamos en Compostela O exército de fume, a segunda novela de Manuel Gago.

«Mulleres revolucionarias, rebeldes e empoderadas protagonizan as novelas dunha autora que xa se converteu nun referente da literatura galega.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presenza feminina na obra de Ledicia Costas

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a conversa na Feira do Libro de Vigo entre a escritora Ledicia Costas e Fran Alonso, director de Xerais, sobre as personaxes femininas nas obras da autora viguesa (Imaxe: bretemas.

María Reimóndez: «Existe unha fenda entre literatura e realidade, pois a literatura, por desgraza, non acolle todas as identidades nin todas as orixes.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presentación de «Fóra do normal»

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a presentación na Feira do Libro de Vigo da novela xuvenil Fóra do normal, de María Reimóndez, premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017 (Imaxe: bretemas.

«Todas as evidencias amosan que a lectura de textos literarios activa numerosas áreas do cerebro e modifica a súa estrutura.» Anotación de Manuel Bragado sobre os beneficios da actividade lectora

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas un artigo sobre os beneficios que supón a actividade lectora nas idades máis temperás, e tamén na etapa adulta (Imaxe: Manuel Bragado – Brétemas)   Beneficios da lectura Máis alá da emoción que supuxo lembrar o pasamento do meu amigo o mestre Xabier DoCampo, do pregón que pronunciei na Porta do Sol na inauguración da Feira do Libro de Vigo non esquecerei nin o escaso inter

Presentación en Santiago de “O exército de fume” de Manuel Gago

O xoves, 5 de xullo, 2018, ás 20,00 horas, na Librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Santiago, terá lugar a presentación da novela O exército de fume de Manuel Gago.