Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_bragado

A crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz

A crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publica en Brétemas unha crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz no marco da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México, que reproducimos: Sei que nunca esquecerei esta Feira de Guadalajara con Agustín.

Os 25 anos de «Polaroid», de Suso de Toro. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado publicou en Faro de Vigo un artigo sobre a celebración dos 25 anos da publicación de Polaroid de Suso de Toro. Polaroid 25 Hai algúns libros e autores marcantes, capaces de permanecer e de representar as preocupacións ou o imaxinario colectivo dun tempo.

O estado da edición e políticas do libro. Reportaxe no suplemento Luces de El País

O suplemento Luces, de El País, publicou o pasado sábado unha longa reportaxe sobre o estado da edición en Galicia, da que tamén formaba parte unha entrevista ao director de Xerais, Manuel Bragado, así como a Víctor Freixanes, director de Galaxia. Á pregunta de se existe política do libro en Galicia, o director de Xerais responde: «Non existe tal cousa.

Manuel Bragado, intervención nos Premios Xerais 2011

Premios Xerais 2011 nos blogs

Varios blogueiros e blogueiras comezan a publicar as súas crónicas e comentarios sobre os Premios Xerais 2011. A todos eles a maior gratitude de Xerais. Gracia Santorum, Trafegando Ronseis: «Nos Premios Xerais». Fotos. Xosé Manuel Eyré, Ferradura en tránsito: «Crónica de san Simón, Xerais 2011». Jaureguizar, Cabaret Voltaire: «O Extramunde de Queipo leva o Premio Xerais».

Texto de Gracia Santorum sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Texto de Gracia Santorum sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Gracia Santorum publicou no blog Trafegando ronseis o texto que leu na presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, a pasada semana en Compostela. Reproducímolo integramente: Calquera profesor ou profesora que leve nisto do ensino da nosa lingua uns cantos anos recoñece como capital o nome de Manuel Portas.

A celebración arredor do libro de homenaxe a María Xosé Queizán será esta tarde no Auditorio do Mar de Vigo

A celebración arredor do libro de homenaxe a María Xosé Queizán será esta tarde no Auditorio do Mar de Vigo

Mar Mato publica hoxe en Faro de Vigo unha información sobre o libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, que pretende renderlle unha homenaxe á escritora feminista viguesa que se materializará na presentación que esta tarde, ás 20,30 h.

«Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, adianto en pdf e presentación en Compostela mañá xoves 26

Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, será presentada en Compostela mañá xoves 26, ás 21:00 horas, no Café Airas Nunes (rúa do Vilar 17). O acto  contará coa participación de Gracia Santorum, Manuel Bragado e Manuel Portas. A continuación actuará o Grupo Loaira (Clara, Roi e Rubén), que interpretará as pezas do disco que acompaña a novela.

Presentación de «Homenaxe a María Xosé Queizán. Cara a unha poética feminista», este venres 27 no Auditorio Mar de Vigo

Presentación de «Homenaxe a María Xosé Queizán. Cara a unha poética feminista», este venres 27 no Auditorio Mar de Vigo

O próximo venres 27 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo, na rúa Beiramar, a presentación do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán. O acto será presentado por Mónica Bar Cendón e intervirán Iolanda Veloso, Camiño Noia e a propia María Xosé Queizán.

«Terra de Soneira no corazon da Costa da Morte», presentado en Camariñas

Tal e como recolleu La Voz de Galicia, o libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte foi presentado en Camariñas o sábado 16 de abrilno Centro Cultural Casa da Pedra. O acto contou coa participación de Manuel Bragado (Director de Xerais), Manuel Valeriano Alonso de León (alcalde de Camariñas)  e os autores.

«Terra de Soneira», presentación en Camariñas o próximo sábado 16

«Terra de Soneira», presentación en Camariñas o próximo sábado 16

O próximo sábado 16 de abril, ás 12 horas, terá lugar no Centro Cultural Casa da Pedra (Avda da Coruña, 5), en Camariñas, a presentación do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.

«Terra de Soneira», presentación en Compostela o próximo martes 25

«Terra de Soneira», presentación en Compostela o próximo martes 25

O próximo martes día 25 terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.