Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_lueiro_rey_a_liberdade_ferida

Ramón Nicolás: «Lueiro non é un autor canonizado e debería selo»

O libro de homenaxe Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás, volve poñer en valor a figura do autor de Fornelos de Montes, onde foi presentado o libro o pasado venres 9 de agosto. Ramón Nicolás recolleu no seu blog unha anotación sobre o eco que o libro está a ter nos medios, incluíndo un artigo do propio crítico que reproduce fotografías da presentación.

Fornelos de Montes homenaxea a Manuel Lueiro Rey

Fornelos de Montes homenaxea a Manuel Lueiro Rey

Manuel Bragado fai no seu blog unha crónica da presentación en Fornelos de Montes do libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida. En día tan sinalado como o do comezo das festas do San Lourenzo presentamos no salón de plenos do concello de Fornelos de Montes o libro de homenaxe ao escritor Manuel Lueiro Rey.

O libro de homenaxe a Manuel Lueiro Rey presentarase nas festas de Fornelos de Montes

Carme Vidal publica en Sermos Galiza unha reportaxe sobre o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, que será presentado o venres 9 de agosto, ás 12:00 horas no salón de plenos do concello de Fornelos de Montes. Son as festas de San Lourenzo en Fornelos de Montes e o programa de celebracións deste ano recolle a presentación dun libro. Non é habitual que aconteza. Tampouco o libro. Trátase de Manuel Lueiro Rey.

«Manuel Lueiro Rey (1916-1990)», presentación en Fornelos de Montes

O venres, 9 de agosto, ás 12:00 horas, no salón de Actos do concello de Fornelos de Montes será presentado o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida. No acto participarán Emiliano Lage Rodríguez (alcalde de Fornelos de Montes), Carme Carreiro (presidenta da AA.VV.

Descubrindo a Lueiro Rey. Ampla reportaxe de Ramón Rozas no Diario de Pontevedra

Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra unha longa reportaxe de tres páxinas sobre o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás. A reportaxe, que inclúe un artigo do propio Lueiro Rey, pode lerse ou descargarse en pdf.

A reinvindicación dunha figura: «Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida». Crítica de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf.

«Lueiro na crista do galo» por Luís Cochón

Luís Cochón pronunciou o discurso titulado «Lueiro na crista do galo» no acto da presentación en Pontevedra do libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida. coordinado por Ramón Nicolás: Veño nestes días, na honra de pregoar o nome de Manuel Lueiro Rei verbo desta homenaxe que se lle rende no libro este que tentamos presentar, hoxe, aquí, diante vós.

Presentación en Pontevedra de “Manuel Luiero Rey 1916-1990 A liberdade ferida”

O martes, 25 de xuño, ás 20:00 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Manuel Luiero Rey 1916-1990 A liberdade ferida coordinado por Ramón Nicolás. No acto participarán Ramón Nicolás, Luís Cochón e Manuel Bragado.

Presentación de “Manuel Lueiro Rey 1916-1990 A liberdade ferida” no Grove

O sábado, 22 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería de Arte Besada, rúa Concepción Arenal, 1 Baixo, O Grove, terá lugar a presentación do libro Manuel Lueiro Rey 1916-1990 A liberdade ferida. No acto participarán Carlos Besada, Ramón Nicolás, Luís Cochón, Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.

Booktrailer de «Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación e o booktrailer do libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás. Manuel Lueiro Rey.

Novidade: «Manuel Lueiro Rey (1916-1990)», coordinado por Ramón Nicolás. A súa dimensión literaria e humana nun libro de homenaxe

Manuel Lueiro Rey (1916-1990), coordinado por Ramón Nicolás, é unha novidade de Xerais. A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúen e dotan de sentido cabal este volume. A través daquelas persoas que o trataron en vida, daqueles estudosos da súa produción humanística ou, simplemente, de quen aínda se sente preto del, Manuel Lueiro Rey.

“Ese home é escritor e comunista”: «Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida». Anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre Manuel Lueiro Reu (1916-1990). A liberdade ferida, que el coordinou e que supón unha homenaxe ao autor do Grove.   Unha regalía: Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida Accedín hoxe, non oculto que con emoción, a un exemplar dun libro moi devecido.