Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_rivas

Actos de Xerais na Praza dos Libros de Carballo 2019

Do 11 ao 14 de xullo de 2019 terá lugar unha nova edición da Praza dos Libros de Carballo na que está programado un amplo programa no que participarán autoras e autores do catálogo de Xerais: Xoves 11, ás 21:00 horas: Presentación do libro As mulleres da fin do mundo de Daniel Asorey. Presenta Manuel Rey Pan.

Actos de Xerais na Festa dos Libros de Pontevedra

Os días 5, 6 e 7 de xullo terá lugar a Festa dos Libros de Pontevedra na que Xerais ten programados os seguintes actos: Venres, 5 de xullo 19:00 horas: Manuel Rivas, acompañado de Fran Alonso, presenta Contra todo iso. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste.

O “boom” do libro galego na volta ao mundo: «Esmeraldina, a pequena defunta», de Ledicia Costas e «A boca da terra», de Manuel Rivas. Reportaxe no xornal La Opinión

O xornal La Opinión da Coruña publicou unha reportaxe de Mar Mato sobre os libros escritos en galego por autores galegos que están a percorrer o mundo, na que se da conta de dous libros publicados por Xerais: Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas; e A boca da terra, de Manuel Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Os autores galegos están de moda. Noticia no xornal La Voz de Carballo

O xornal La Voz de Carballo, de La Voz de Galicia, publicou unha noticia dedicada aos autores galegos na que da conta de dous libros publicados por Xerais: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas e O Cabo do mundo, de Xabier Quiroga -4ª Edición – Premio da Crítica, 2010-. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Manuel Rivas Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana 2019

O escritor Manuel Rivas recollerá a finais de maio o Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana 2019. Este premio, que vai pola undécima edición, está organizado pola comuna-concello de Ostana, no Val de Po (Italia), e a Asociación Cultural Chambra d’Óc.

Presentación na Coruña de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O xoves 21 de febreiro de 2019, ás 19:30 horas, na Fundación ONCE, Cantón Grande, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado polo Foro Cívico, participarán Manuel Rivas, Antón Luaces, Camilo Nogueira e Fran Alonso.

Ledicia Costas, Manuel Rivas, Héctor Cajaraville e Yolanda Castaño entre os autores galegos que máis venden. Noticia no suplemento Fugas

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou unha información na que dan conta dos resultados dunha consulta cun abano de libreiros e editores sobre os títulos máis vendidos. Entre os favoritos que encabezan este listado atópanse algúns autores de Xerais, como son: Ledicia Costas, Manuel Rivas, Héctor Cajaraville, e  Yolanda Castaño, todos eles con libros publicados recentemente.

Unha escrita concentrada e intensa coma un oráculo, un retrinco ou un poema. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Dolores Martínez Torres sobre o libro: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas

O sábado 22 de decembro de 2018, ás 12:30 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” de Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas que conversará con María Varela, redactora xefa do Diario de Pontevedra.

O construtor dun espazo simbólico chamado Oeste: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Crítica de Diego Ameixeiras no suplemento Fugas

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Bueu de “Contra todo isto” e “Vivir sen permiso” de Manuel Rivas

O venres 7 de decembro de 2018 ás 20:00 horas, no Centro Social do Mar, rúa de Montero Ríos, 3, Bueu, terá lugra a presentación do libros Contra todo isto. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas.