Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_rivas

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais realizará un importante número de actos na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Alameda viguesa do 27 de xuño ao 6 de xullo. 30 luns, ás 19,00 h: Manuel Rivas asinará Os Grouchos.  1 martes, ás 20,30 h: presentación de Festina lente de Marcos S. Calveiro. No acto intervirán Óscar Sánchez, Fran Alonso e o autor. 2 mércores, ás 20,00 h: Agustín Fernández Paz asinará O único que queda é o amor.

“Os Grouchos”, adianto

“Os Grouchos”, adianto

Aquí poden descargarse as primeiras páxinas d’ Os Grouchos. O documento pdf inclúe a presentación do libro (“Ir de grouchos”) e o primeiro dos traballos xornalísticos (“Decálogo do galego”).

Manuel Rivas presentou “Os Grouchos”

Manuel Rivas presentou “Os Grouchos”

Manuel Rivas presentou Os Grouchos nun acto celebrado na Libraría Ler de Santa Comba, no que estivo acompañado do xornalista Xosé Manuel Pereiro. Recollemos as primeiras referencias da presentación publicadas nos medios electrónicos: “Manuel Rivas reivindica o humor como ferramenta do xornalista” (Galiciae).

“Os Grouchos”, presentación en Santa Comba

“Os Grouchos”, presentación en Santa Comba

Vieiros faise eco da convocatoria de presentación d’ Os Grouchos, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas, que se celebrará o vindeiro luns, 23 de xuño, na Librería Ler de Santa Comba. No acto participarán o autor, o xornalista Xosé Manuel Pereiro e Manuel Bragado.

“Os Grouchos”, novo libro de Manuel Rivas

“Os Grouchos”, novo libro de Manuel Rivas

Coincidindo coa feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Alameda viguesa do 27 de xuño ao 6 de xullo, aparecerá nas librarías Os Grouchos, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas. Reproducimos o texto de presentación que preparamos.