Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_rodríguez_alonso

“Asasinato no Consello Nacional”: “Algo máis ca un entretemento”

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog “Bouvard e Pécuchet” unha longa crítica de Asasinato no Consello Nacional, a novela de Diego Ameixeiras.

«Dicionario de arte», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

O crítico Manuel Rodríguez Alonso ocúpase no seu blog do Dicionario de arte, publicado recentemente por Xerais, unha obra de consulta, preparada polos profesores Emilio de Gregorio e Armando Sendín, coa intención de proporcionar en galego unha explicación clara e breve, contextualizada e global dos termos claves da arte e da súa historia.

«”Feministas galegas”: nova achega sobre a Galicia verdadeira»

Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha Mónica Bar Cendón Existe unha liña de interpretación da realidade galega que nos presenta Galicia como o ámbito da brétema, da saudade, co Camiño de Santiago, da insolidariedade de raíces no minifundimso ou mesmo como expresión do conservadorismo político, social e económico, como unha sorte de Baviera peninsular.

«”Inmunda escoria”, documentadísimo traballo de investigación»

De novo a memoria próxima Ao longo das máis de cinconcentas páxinas deste libro o seu autor analiza con detalle e polo miúdo o desenvolvemento no só da protesta dos universitarios galegos contra a ditadura de Franco, senón tamén a evolución da universidade galega desde o remate da Guerra Civil ata 1968, ano este do mítico peche dos universitarios na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago.

«A coroa de Napoleón», a serie de Jaureguizar protagonizada por Tintimán, recomendada por Manuel Rodríguez Alonso

Un reporteiro con futuro Santiago Jaureguizar presenta neste relato dedicado a un público xuvenil a figura dun mozote de bacharelato metido a reporteiro intrépido que investiga o roubo da coroa imperial de Napoleón nos actos conmemorativos da batalla de Elviña en 2009. O libro é o número 2 dunha serie iniciada por outra entrega que ten por protagonista o mesmo rapaz intrépido (Tintimán).

«”Settecento”: moi boa música», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

MOI BOA MÚSICA [En Settecento] Marcos Calveiro reincide no eido da novela histórica e reconstrúe agora a peripecia vital de Vivaldi na Venecia do século XVIII, mais tamén cun salto ao Santiago do mesmo século, nun contrapunto moi ben logrado.

«O grito do Ipiranga«, crítica de Manuel Rodríguez Alonso

AVENTURA A ESGALLA A novela de aventuras adoita presentar feitos e acontecementos abundantes, encontros e desencontros, recoñecementos de personaxes separados que volven atoparse. Así mesmo adoitan acontecer estas accións en diferentes lugares, moitas veces exóticos ou polo menos afastados do mundo do lector.

«En castellano no hay roblema», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

FALANDO ÁS CLARAS Carlos Callón reúne neste libro un feixe de artigos que publicou ao longo de varios anos no xornal Galicia Hoxe, todos eles dedicados a analizar a situación pola que vén pasando o galego nestes últimos tempos, especialmente desde os ataques que a súa normalización está a sufrir por parte de colectivos como Galicia Bilingüe ou o Partido Popular e o seu goberno.

«Melancolía de sofá» de Luisa Castro, crítica de Manuel Rodríguez Alonso

O INFERNO CON FADAS DENTRO Melancolía de sofá de Luisa Castro. A normalización dunha lingua e dunha literatura necesita de xéneros que moitos consideran poucos literarios ou menores, como é o artigo xornalístico literario de colaboración. Nestes artigos, o autor ofrece a súa visión subxectiva e orixinal de tipos, costumes e cuestións da nosa realidade cotiá e abranguen desde asuntos puramente locais aos de ámbito universal.

«Unha historia que non vou contar», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

CRÓNICA VIGUESA DO TARDOFRANQUISMO A novela que nos ocupa ten o engado de ser unha investigación sobre o Vigo do tardofranquismo a partir da pescuda sobre un asasinato, que conmocionou non só esta cidade, senón a Galicia do ano 72, o que a fai sumamente entretida para o lector, especialmente para o que supera os corenta anos, pois lembra aqueles feitos.

«Episodios galegos», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

CONTRA O PENSAMENTO TÚZARO Rivas reúne neste novo libro os artigos que publicou durante un ano na edición galega do xornal El País.

«O Cabo do Mundo», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

A MEMORIA QUE NON CESA Dentro da novela galega contemporánea podemos establecer un subxénero que foi definido hai pouco de forma certeira polo profesor estadounidense John Thomson como novelas da memoria, é dicir, novelas que tentan reconstruír a sublevación franquista e a represión que orixinou, mais que non quedan na pura análise da sublevación do 36, senón que se mergullan tamén nos anos da República e na análise dos core