Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_veiga_taboada

Un libro que respira humildade: «Dentro da literatura», de Suso de Toro. Anotación de Manuel Veiga en «Biosbardia»

Manuel Veiga Taboada publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: Dentro da literatura, de Suso de Toro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio.   ‘Dentro da literatura’, unha lección humilde   Son moitos os escritores que, chegados a certa idade, toman a decisión de publicar un libro coas súas reflexións sobre a propia literatura.

A valía dunha das voces máis persoais que se poden distinguir hoxe na literatura galega: «Tres pintores», de Cid Cabido. Anotación de Manuel Veiga en «Biosbardia»

Manuel Veiga Taboada publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Tres pintores, de Cid Cabido. O libro recibiu o Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018 e está publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Tres pintores’, Cid Cabido de novo en marcha Despois de nove anos, Cid Cabido volve publicar.

Unha novela diferente que coloca a Manuel Veiga no pelotón de cabeza da narrativa galega: «Todo ser humano é un río». Crítica de XGG

O crítico XGG publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada.

«Lembranza de Ramiro Fonte, emblema clasicista da poesía dos oitenta», por Manuel Veiga Taboada

Manuel Veiga Taboada publicou en Biosbardia un artigo sobre o poeta Ramiro Fonte.     Lembranza de Ramiro Fonte, emblema clasicista da poesía dos oitenta Hai sesenta anos, naceu Ramiro Fonte. O seu pasamento anticipado interrompeu unha liña clasicista, imprescindíbel en todas as literaturas. “Quero deixar un clásico”, díxome cando acababa de publicarse a triloxía sobre a súa vila natal, Pontedeume.

Unha novela de vivencia enriquecida: «Todo ser humano é un río», de Manuel Veiga. Crítica de César Lorenzo

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de César Lorenzo Gil sobre a novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

As pegadas de Sebald en Manuel Veiga: a novela «Todo ser humano é un río»

O xornal El correo Gallego publicou unha información sobre a novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Literatura dos camiños, literatura da atención: «Todo ser humano é un río», de Manuel Veiga. Artigo de Manuel Gago

O escritor Manuel Gago publicou en El Progreso un artigo no que fala da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada. Un extracto do artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Xosé Ramón Pena: «As Irmandades da Fala, o grupo Nós e as vangardas foron á procura dunha estética nacional»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Xosé Ramón Pena sobre o seu libro  Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Narrativa híbrida: «Todo ser humano é un río», de Manuel Veiga. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un libro preciso e precioso: «Todo ser humano é un río», de Manuel Veiga. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación en Vigo da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada.     Manuel Veiga no Ateneo de Pontevedra Presentamos no serán de onte no Ateneo de Pontevedra Todo ser humano é un río de Manuel Veiga.

O relato dos labregos: «Todo ser humano é un río», de Manuel Veiga. Información de Noelia Gómez

O xornal Sermos Galiza publicou unha información de Noelia Gómez sobre a presentación en Compostela da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada.

Manuel Veiga: «Os olores do río están sempre na miña cabeza». Unha novela onde triunfa o risco: «Todo ser humano é un río»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada.      Manuel Veiga en Monforte Presentamos onte no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos Todo ser humano é un río de Manuel Veiga Taboada.