Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_vidal_villaverde

A metáfora da luz. Artigo de Manuel Vidal Villaverde sobre o «Abecedario das mantenzas», de Fausto Galdo

Manuel Vidal Villaverde publicou no Atlántico Diario un artigo de opinión centrado no Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo.   A metáfora da luz Un amigo agasállame co Abecedario das Mantenzas, unha enciclopedia ao vezo “por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe”, leo na contracapa do libro editado por Edicións Xerais de Galicia.

«O xornalismo tamén é literatura»: Yasmina Shawki, autora de «Fundación Libélula»

Manuel Vidal Villaverde publica hoxe en Atlántico Diario unha entrevista coa escritora Yashmina Shawki, autora de Fundación Libélula, publicada por Xerais. Fundación Libélula, en palabras da autora,  narra a historia de tres mulleres, Gladys, Helena e Laura, de diferentes idades e procedencias, que viven nunha situación de precariedade que as atrapa e da que queren saír.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde con María Reimóndez

Manuel Vidal Villaverde publica no Galicia Hoxe unha entrevista con María Reimóndez, na que dá conta dalgúns dos seus proxectos próximos, que dará á luz en Xerais e reparasa a súa traxectoria.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde a Domingo Tabuyo, autor de «Svea Kött (carne sueca)»

Manuel Vidal Villaverde publica no xornal Galicia Hoxe unha entrevista con Domingo Tabuyo, autor da novela Svea Kött (carne sueca).

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde a Antía Otero: «(Retro)visor busca ser escoitado como un monólogo íntimo»

Manuel Vidal Villaverde publica en Galicia Hoxe unha longa entrevista coa poeta Antía Otero. Reproducimos o parágrafo referido ao seu libro (Retro)visor.  A entrevista pode lerse enteira aquí. —Poesía, se che parece Antía. Teño diante de min Retro(visor), onde hai, ao meu ver, máis conxuga que mestura. Explico o significando máis que o  significado dos dous vocábulos.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Gabriel Rei-Doval, autor de «A lingua galega na cidade no seculo XX»

O xornal Galicia hoxe publica unha entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Gabriel Rei-Doval, autor de A lingua galega na cidade no século XX. Unha aproximación sociolingüística (Xerais 2007), e coautor do Manual de Ciencias da Linguaxe.

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Xurxo Sierra Veloso

O xorrnal Galicia Hoxe incluía na súa edición de onte unha entrevista de Manuel Vidal Villaverde co escritor Xurxo Sierra Veloso, autor de Os nomes do traidor. Sobre a novela asegura na entrevista: «Con Os nomes do traidor está a ocorrer algo curioso: canto máis tempo pasa, máis me gusta. Descubrinlle unha posible interpretación paradoxal que non prevera».

Entrevista de Vidal Villaverde con María Lado

Manuel Vidal Villaverde publica no Galicia Hoxe unha longa entrevista coa poeta María Lado, autora de Casa atlántica, casa cabaret. A entrevista pódese ler aquí.

Longa entrevista con Ramón Caride: «escribir para rapaces é un privilexio»

Manuel Vidal Villaverde publica no Galicia Hoxe unha longa entrevista co escritor Ramón Caride. Reproducimos algúns fragamentos da longa entrevista, que pode ser lida completa aquí. Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria, con máis de corenta libros individuais e múltiples colaboracións.

Eva Veiga, entrevista en Galicia Hoxe

A poeta Eva Veiga é entrevistada hoxe por Manuel Vidal Villaverde no Galicia Hoxe. A autora do poemario Paisaxes do baleiro (Xerais, 1999), fala de poesía, da situación política e dos seus proxectos literarios.

Chisco Fernández Naval entrevista en «Galicia hoxe»

Baixo o título «Nunca o poder lle fixera tanto dano ao galego na autonomía» Manuel Vidal Villaverde publica en Galicia hoxe unha longa entrevista a Chisco fernández Naval, autor de títulos recenes no catálogo de Xerais como Níxer ou Para seguir bailando.

Teresa González Costa, entevista en «Galicia hoxe»

Manuel Vidal Villaverde entrevista a Teresa González Costa, gañadora do Premio Merlín 2010 pola novela A filla do ladrón de bicicletas, dentro da súa serie de «Conversas contemporáneas« que publica cada luns Galicia hoxe.