Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: mar_guerra

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

As mellores frases de «Norteáns», de Mar Guerra, segundo Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha selección das frases máis interesantes da novela Norteáns, da escritora Mar Guerra, publicada na colección Fóra de Xogo.   Subliñados de NORTEÁNS (Mar Guerra, Xerais) Unha pinga solitaria a acariña a súa tempa dereita e axiña lle escapa pola meixela abaixo, primeiro  arre e logo xo. Bris arrepía (21).

Valores universais nunha novela de longo percorrido: «Norteáns», de Mar Guerra. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Norteáns, da escritora Mar Guerra, publicada na colección Fóra de Xogo.

Unha novela áxil e cinematográfica, con paixón, ambición, vinganza, sexo: «Norteáns», de Mar Guerra. Crítica de Belén Bouzas Gorgal

Belén Bouzas Gorgal publicou nas páxinas de El Correo Gallego, unha recensión crítica sobre a novela Norteáns, da escritora Mar Guerra. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Mar Guerra: «A novela partiu da fascinación que eu sinto época histórica dos castros, pero é unha historia de seres humanos, de persoas

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora Mar Guerra sobre a súa nova novela, Norteáns. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Mar Guerra: «Norteáns é unha novela de aventuras, épica e esixente, que relata a perda da inocencia dos protagonistas»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de Dolores Vázquez sobre a escritora Mar Guerra e a súa nova novela, Norteáns. (Foto: Paco Rodriguez).

Unha novela épica que retrata a perda da inocencia de Bris, o protagonista adolescente, e a sociedade castrexa: «Norteáns», de Mar Guerra

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Norteáns, da escritora Mar Guerra.     Presentación de «Norteáns» de Mar Guerra Excelente presentación na FNAC da Coruña de Norteáns, a gran novela castrexa de Mar Guerra.

Presentación na Coruña de “Norteáns” de Mar Guerra

O xoves, 9 de febreiro, ás 19:00 horas, na Fnac, Mercado Eusebio da Guarda, Praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Norteáns de Mar Guerra. No acto participarán Xosé Manuel Sande, Manuel Bragado e Mar Guerra.

Mar Guerra: «Hai moi pouca información sobre o papel da muller na sociedade castrexa, pero os conflitos humanos e as paixóns son os mesmos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Rodri García á escritora Mar Guerra sobre a súa nova novela, Norteáns. (Foto: Paco Rodriguez).

Mar Guerra: «En Norteáns hai paixón, ambición, vinganza, sexualidade… e un protagonista de trece anos»

O xornal de Sermos Galiza publicou unha entrevista de Belén Bouzas á escritora Mar Guerra sobre a súa nova novela, Norteáns.

Novidade: «Norteáns», de Mar Guerra. O retrato da sociedade castrexa, cos seus idealistas e opresores

Norteáns, de Mar Guerra, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro do moi nobre Neixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido, anticípanse importantes mudanzas en Nola. Diante dos ollos de Forca, o ourive, fillo da meiga a Reva, tres mulleres, Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá, desafían as sagradas leis norteás.

Series xuvenís. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre as series xuvenís en Xerais. Series xuvenís Hai tempo que vimos apostando en Xerais pola publicación de series xuvenís como un espazo para a ampliación e formación do lectorado dende a preadolescencia. Un subxénero da literatura infantil e xuvenil que non debe ser esquecido e do que temos numerosas mostras no noso catálogo.