Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: mar_villar

Unha viaxe ao inframundo da man dun libriño para a rapazallada pequecha: «Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos, de Ledicia Costas   Volve Ledicia Costas a levarnos de viaxe ao inframundo, da man dos Minimortos, quen nos dan a benvida con ledicia e con algunha que outra trasnada.

Novidade: «Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos», de Ledicia Costas. Unha cuadrilla de nenos de ultratumba tentarán axudar ao cativo Catacrak a regresar ao mundo dos vivos

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, é unha novidade da colección Os Minimortos de Xerais. Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos.

Unha obra de literatura infantil protagonizada por unha líder feminina que quere o mellor para a sociedade: «Alcaldesa Vermella», de El Hematocrítico. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico, con ilustracións de Mar Villar, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.   Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico   Falar de El Hematocrítico é falar de calidade na literatura infantil. Agora temos en Xerais Alcaldesa Vermella, con ilustracións de Mar Vilar.

Novidade: «Alcaldesa Vermella», de El Hematocrítico. Carapuchiña Vermella asume o reto de facer do bosque un lugar mellor

Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico, con ilustracións de Mar Villar, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais. Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións.

Unha divertidísima revisión do clásico de Rapunzel que engancha ao lector: «Rapunzel con piollos», de El Hematocrítico. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Rapunzel con piollos, de El Hematocrítico, con ilustracións de Mar Villar. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

Miguel Ángel López: «Os rapaces necesitan sorprenderse, abraiarse, para quedar atrapados cun libro para sempre». Entrevista en «La Opinión» sobre: «Rapunzel con piollos»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Selina Otero a Miguel Ángel López (El Hematocrítico) sobre o libro: Rapunzel con piollos, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. (Imaxe: Daniel Puente – La Opinión).

Novidade: «Rapunzel con piollos», de El Hematocrítico. Rapunzel é atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos!, que construíron unha cidade no seu cabelo e non pensan marchar

Rapunzel con piollos , de El Hematocrítico, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais. Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos… O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos! Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles.