Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: marcos_abalde

«Exhumación», de Marcos Abalde, e «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez, encabezan o ranquing da Tabela dos libros do mes de outubro

O libro de poemas Exhumación, de Marcos Abalde Covelo, e a novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez sitúanse no primeiro, segundo posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de outubro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Marcos Abalde: «A min o que me interesa é alimentar a esperanza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de R. Castro ao escritor Marcos Abalde Covelo, gañador da V edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía con Exhumación.   «A min o que me interesa é alimentar a esperanza» Marcos Abalde (Vigo, 1982) vén de gañar un premio máis.

Marcos Abalde: «Escribir ‘Exhumación’ levoume centos de horas de traballo; o premio literario é unha compensación e dá visibilidade»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista ao escritor Marcos Abalde Covelo, gañador da V edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía con Exhumación.

O potencial emancipador do pasado: «Exhumación» de Marcos Abalde. Anotación en Brétemas

O potencial emancipador do pasado: «Exhumación» de Marcos Abalde. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre  presentación do poemario Exhumación, de Marcos Abalde Covelo, Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía.

Marcos Abalde, Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía

O escritor Marcos Abalde Covelo resultou gañador da V edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía cun poemario titulado Exhumación, que publicará Xerais. Nesta ligazón pode consultarse a acta do xurado en pdf. Marcos Abalde Covelo (Vigo, 1982) , membro de EStaleiro Editora, obtivo xa varios galardóns, entre eles, o Premio Álvaro Cunqueiro 2011 por A cegueira, que publicou Xerais.

Premios á conciencia crítica: «A cegueira», de Marcos Abalde Covelo e«Isóbaras», de Gustavo Pernas Cora. Crítica de Areta González Bolado

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Areta González Bolado sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, e Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro 2012,   Premio á conciencia crítica A CEGUEIRA MARCOS ABALDE COVELO  ISÓBARAS GUSTAVO PERNAS CORA Os dous últimos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, A cegueira, de Marcos Abalde (2011)

Marcos Abalde Covelo: «Eu escrevo desde o frio imposto polo amo»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista con Marcos Abalde Covelo sobre A cegueira, Premio Álvaro Cunqueiro 2011.     «Temos que escolher entre consumo de ansiolíticos ou a organizaçom da barricada» A total cegueira dum “sistema criminal baseado na exploraçom do ser humano polo ser humano” é o cerne da peça com a que Marcos Abalde ganhou o XX Premio Álvaro Cunqueiro.

Teatro poético vencellado coa experimentación e o compromiso: «A cegueira», de Marcos Abalde Covelo. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, editado en colaboración con AGADIC.

Un vello poema dramático parta entender o presente: «A cegueira», de Marcos Abalde Covelo. Crítica de MV García

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou recensión crítica de MV García sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, editado en colaboración con AGADIC. A recensión titúlase «Ritual orxiástico» e pode lerse ou descargase neste enlace.

Vangarda e experimentación: «A cegueira», de Marcos Abalde Covelo. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, editado en colaboración con AGADIC.     O mal absurdo Marcos Abalde, nado en 1982, e polo tanto pertencente ás novas fornadas que se incorporan á literatura galega, transita nesta súa obra teatral polo terreo da vangarda e mais da experimentación.

Presentación en Santiago dos novos títulos da colección Biblioteca Dramática Galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Xerais presentan os novos títulos da colección Biblioteca Dramática Galega. O acto terá lugar o martes 3 de decembro, ás 19.00 horas, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6). –ISÓBARAS, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2012.

«A cegueira», de Marcos Abalde, unha grotesca cerimonia do horror. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica da novela sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, editado en colaboración con AGADIC.